Martín Códax Albariño

Martín Códax, o personaxe que deu nome ao noso albariño, foi un dos trobadores galegos máis importantes do Medievo. O Pergamino Vindel alberga as súas cantigas, as máis antigas do galaico-portugués, que ensalzan o amor e a paixón polo mar.
 

O albariño Martín Códax elabórase na súa totalidade con uva albariña, seguindo un riguroso e esmerado proceso para garantir a súa pureza varietal e a esencia tradicional dos viños orixinarios do Val do Salnés

Nota de cata

FASE VISUAL

De cor amarela pallosa con reflexos limón, é limpo, brillante e cunha lixeira burbulla que mostra a súa xuventude.

FASE OLFATIVA

En nariz destacan as notas florais tipo mimosa, jazmin, etc., a froita cítrica (laranxa, pomelo, etc) e a froita de polpa branca como a mazá.

FASE GUSTATIVA

Presenta unha boca envolvente, cunha acidez ben integrada e longa retronasal onde persisten sobre todo a froita de polpa branca e cítrica.
 

Análise

GRADUACIÓN ALCOHÓLICA: 12.66 %vol

ACIDEZ TOTAL: 6.6 g/l ac. tartárico

ACIDEZ VOLÁTIL: 0.29 g/l ac. acético

AZUCRE RESIDUAL: 3.0 g/l

Premios

Martín Códax 2010

Medalla de prata en Mun-Dus 2011 (Eslovaquia)
Medalla de prata en International Wine Guide 2011
Medalla de bronce en IWSC
Commended, Decanter
Medalla de ouro, Selections Mundiales des Vins de Canadá 2011

Martín Códax, 2009

Medalla de prata,“Bacchus 2010”
Medalla de Bronce, “Decanter 2010”, Reino Unido.
Distinción “Mejor vino blanco para una tapa”, Iberwine.
Medalla de bronce, “International Wine CHallenge 2010”
Medalla de bronce “World Wine Awards 2010”, Decanter
Medalla de prata, “III Concurso de los vinos del noroeste”
Medalla de ouro, “Cinve 2010”

Martín Códax, 2008

Medalla de Bronce “Decanter 2009”, Reino Unido.
Commended “International Wine Challenge 2009”, Reino Unido.
Medalla de Bronce “International Wine and Spirits Competition 2009”, Reino Unido.
Medalla de Bronce “Japan wine challenge 2009”
Medalla de ouro “CINVE 2009”
Medalla de ouro “Premio Nacional de la prensa del vino 2009”
Medalla de Bronce “Los mejores vinos de España en Rusia”
Colleita de ouro, Martín Códax 2008. (otorgado en 2010) Cata de las Añadas
 

Ficha técnica

D.O.: Rias Baixas

TIPO DE VIÑO: Branco

VARIEDADE: 100% Albariña

RENDEMENTO: 58 hl/ten

FERMENTACIÓN: depósitos de aceiro inoxidable con control de temperatura.

CRIANZA: No ten

GASTRONOMÍA: Mariscos, pescados, carnes brancas, arroces, queixos frescos.

TEMPERATURA DE SERVIZO: 12ºC

Organistrum

Elaborado cunha selección de uvas que proceden de parcelas orientadas ao suroeste, o albariño Organistrum chámase como este peculiar instrumento que require de dúas persoas para ser tocado. Na actualidades só existen dous exemplares e un deles é usado polo Grupo de Música Antiga Martín Códax nas súas actuacións. Grazas ao Mestre Mateo que o esculpiu no Pórtico da Gloria antes de que desaparecese, Bodegas Martín Códax puido recuperalo.

Organistrum e o único dos albariños de Bodegas Martín Códax que é elaborado parcialmente en barrica. Trala fase tumultuosa da fermentación, o viño introdúcese catro meses en barricas de roble francés Allier. Durante o primeiro mes e medio aplícaselle “batonage” e unha vez finaliza ambas fermentacións, consérvase durante oito meses en depósitos de aceiro para conseguir unha boa integración.

 

Nota de cata

FASE VISUAL

Amarelo palloso intenso con irisacións ouro. Limpo e moi brillante. Mostra certa untuosidade en copa, con lagrimexada densa e fluída, que permiten descubrir o seu carácter glicérico.


FASE OLFACTIVA

Nariz de media intensidade con aromas complexos onde se percibe unha carga froiteira importante xunto a un fondo lixeiramente tostado. Sutil, onde a froita fresca coas notas de vexetal húmido predominan envolvendo matices dunha madeira moi limpa (vainilla, cedro, resina, etc.)

FASE GUSTATIVA

Impresiona a súa elegancia en boca. Amplo na entrada, moi ben sostido polos tostados e a froita na evolución, acidez integrada que non resalta para resultar bastante saboroso e amplo en matices. Un viño que pide tempo para abrirse e mostrar os rexistros aromáticos da froita verde con notas herbáceas sobre un fondo de vainilla. Longo, con retronasal de notas froiteiras nítidas que prolongan gratamente o recordo.

Premios

Organistrum 2008

Medalla de ouro en International Wine Guide 2011

Organistrum, 2007

Medalla de prata, “III Concurso de los vinos del Noroeste”

Organistrum, 2006

94 ptos. Otorgados a Organistrum por Guía CAMPSA
 

Ficha técnica

D.O.: Rías Baixas

TIPO DE VIÑO: viño branco con crianza en barrica

VARIEDADE: Albariño 100%

SUBZONA: Val do Salnés

RENDEMENTO: 50 hl/ten

FERMENTACIÓN: fermentación en barrica de carballo Francés tipo Allier

CRIANZA: 3-4 meses en barricas de 300, 400 e 500 l.

GASTRONOMÍA: Marisco, aves e arroz, pescados graxos, e sobremesas

TEMPERATURA DE SERVIZO: 12 - 14 ºC

Burgáns

Burgáns, nome de orixe celta, é o nome da colina na que está ubicada a adega, en pleno corazón do Val do Salnés, desde onde se divisan as espectaculares paisaxes da comarca e da Ría de Arousa.

 O seu símbolo, o triskel, fai referencia as orixes da vida, á eterna evolución e á aprendizaxe contínua.
Burgáns sigue un moderno modelo de vinificación. Son os nosos enólogos os que, a través da cata de depósitos, elixen os máis adecuados para este produto que é fermentado a baixas temperaturas para potenciar os aromas primarios.

 

Nota de cata

FASE VISUAL

Amarelo palloso con reflexos verdosos, limpo e moi brillante.

FASE OLFACTIVA

Nítidos aromas de froitas carnosas e maduras (piña ácida, albaricoques e melocotón) cun lixeiro fondo vexetal de fiuncho e madreselva. Sobresaen con enorme sutileza cítricos que confiren máis frescura ao viño.

FASE GUSTATIVA

Impresiona a evolución do viño na boca. Melosidad na entrada onde o seu sabor queda ligado ao padal. Presenta acidez moi equilibrada que lle confire sensación de frescor cun vivo paso en boca lambeteiro e ben estruturado e un final moi persistente. En boca resalta a tipicidade do varietal e a súa harmonía.
 

Premios

Burgáns 2010

Medalla de prata en International Wine Guide 2011
Medalla de bronce en IWSC
Medalla de ouro en Concours Mondial de Bruselles
Commended, Decanter

Burgáns 2009

Medalla de Bronce, “Decanter 2010”
Medalla de Bronce, “International Wine Challenge 2010”
Medalla de Bronce, “World Wine Awards 2010”
Medalla de prata, “Mundus vini, der grosse internationale wein preis” MUNDUS VINI

Burgáns 2008

Commended “Decanter 2009”, Reino Unido.
Medalla de Bronce “International Wine Challenge 2009”, Reino Unido.
Medalla de Prata “International Wine and Spirits Competition 2009”, Reino Unido.
Medalla de Bronce “Japan wine challenge 2009”
 

Ficha técnica

D.O.: Rias Baixas

TIPO DE VIÑO: Branco

SUBZONA:Val do Salnés

VARIEDADE: 100% Albariño

RENDEMENTO: 58 hl/ten

FERMENTACIÓN: Depósitos de aceiro inoxidable, temperatura controlada

CRIANZA: No ten.

GASTRONOMÍA: Mariscos, pescados, aves, arroz, queixo fresco.

TEMPERATURA DE SERVIZO: 10-12ºC

Lías

En Martín Códax Lías conxúgase modernidade e tradición. As uvas destinadas a este albariño proceden do noso viñedo experimental, Pé Redondo, e o equipo de enoloxía realiza unha exahustiva selección das mellores lías finas entre tódolos depósitos da adega.

Posteriormente, o viño mailas lías finas seleccionadas son sometidas a “batonage” durante dous meses, aportándolle untuosidade e volume en boca. Por último, realiza unha crianza de dez meses en depósitos de aceiro inoxidable coas lías en repouso para obter o equlibrio desexado.

 

Nota de cata

FASE VISUAL

Amarelo palloso intenso

FASE OLFACTIVA

Intensidade aromática alta, con notas de froita moi madura de pera, mazá e melocotón branco, recordos de crianza sobre lías moi limpas (fermento, panadaría e vainillas).

FASE GUSTATIVA

Entrada ampla en boca, graxo e con volume, con bo paso, longo e retrogusto froiteiro, notas lácticas e panadaría

Premios

Martín Codas Lías, 2007

Medalla de Prata “Bacchus 2010”,
Colleita de ouro, Martín Códax Lías 2007 (otorgado en 2010)
Medalla de prata en International Wine Guide 2011

Martín Codas Lías, 2007

Medalla de Prata “Bacchus 2010”,
Colleita de ouro, Martín Códax Lías 2007 (otorgado en 2010)

Martín Codas Lías, 2006

Medalla de Prata “Martín Códax Lías 2006”, Premios Zarcillo 2009
Medalla de Prata “II Cata das Añadas”,
Medalla de ouro “CINVE Sevilla 2008”,
 

Ficha técnica

D.O.: Rías Baixas

TIPO DE VIÑO: Branco.

VARIEDADE: 100% Albariño.

RENDEMENTO: 54 hl/ten

FERMENTACIÓN: depósitos de aceiro inoxidable a 17ºC

CRIANZA: 12 meses de crianza sobre lías finas en acero inoxidable con 2 meses de batonage.

GASTRONOMÍA:peixes graxos, salsas suaves, carnes brancas, risotto, queixos semicurados.

TEMPERATURA DE SERVIZO 12ºC

Gallaecia

Un viño coma este necesitaba un nome así. Gallaecia é o nome co que os romanoss bautizaron á rexión do noroeste da península, hoxe en día coñecida como Galicia.

Gallaecia supón a consagración definitiva da uva albariña coma unha das mellores e máis versátiles  variedades brancas do mundo. Froito da vinificación de uvas sobremaduras, cunha alta porcentaxe de botritis noble, Gallaecia é o resultado de longos anos de experienza no cultivo do Albariño.

Nota de cata

FASE VISUAL

Cor amarelo dourado, limpa e brillante.

FASE OLFACTIVA

Intensidade aromática alta, con notas de froita pasificada tipo orejones, uvas pasas e figos. Recordos de mel, marmelada de laranxa amarga e un fondo de botritis.

FASE GUSTATIVA

A entrada en boca é doce, envolvente e cunha marcada acidez que fai que a retronasal sexa persistente.

Premios

Gallaecia 2007

Medalla de ouro en International Wine Guide 2011

Ficha técnica

MACERACIÓN: 12 horas

FERMENTACIÓN ALCOHÓLICA: En depósitos de aceiro inoxidable.

FERMENTACIÓN MALO-LÁCTICA: En depósitos de aceiro inoxidable.

CRIANZA: Non ten

RENDEMENTO UVA / VIÑO: 30%

TIPO DE VIÑO: Branco vendima tardía

VARIETAL: 100% Albariño

D.O.: Rías Baixas

SUBZONA: Val do Salnés

PRODUCCIÓN: 11.800 botellas

TEMPERATURA DE CONSUMO: 10-12ºC

Marieta

Marieta chegou para converterse no primeiro Albarino Semi-Seco da historia. Marieta xorde tras unha vendima manual en caixas de 20 kg. Os acios son despalillados e prensados

Ten lugar un desfangado natural 24-36 h tras o cal comeza a ferment- ación alcoholica a 16-18oC en depósitos de inoxidable.

A fermentación alcohólica interrómpese antes do seu finalización mediante o emprego de frío, de maneira que Marieta contén 14 gr. /L. de azucar residual que o converten no primeiro SEMI- SECO das Rias Baixas.

Tras varios trasfegos chega o repouso. O estabilizado prodúcese por frío e o viño finalmente é filtrado antes do seu embotellado.

Nota de cata

FASE VISUAL

Cor amarela con reflexos limón.

FASE OLFATIVA

Intensidade alta con notas de melocotón, mazá madura e melón. Cun fondo de cítricos de limón.

FASE GUSTATIVA

Lixeira punta de burbulla, paso lambeteiro e intenso. Presenta unha retronasal moi frutosa e cítrica.

Con 14 gr. /L. de azúcar residual, Marieta entréganos toda a diversión e a esencia do primeiro Semi-Seco de Albarino 100%

Licor de herbas

Os nosos augardentes obtéñense  a partir de bagazos de uva albariño. A destilación realízase mediante arrastre de vapor a un ritmo lento e constante, permitindo deste xeito que aparezan os compoñentes aromáticos que lles son propios.

Nas súas catro versións, branca, café, herbas  e envellecida, son adecuados para a sobremesa, servidos ao natural ou en copa xelada. Ademais de dixestivos, son un excelente acompañante do café.

Nota de cata

FASE VISUAL

Ten unha intensa cor amarela con fulgores dourados.

FASE OLFACTIVA

Grande harmonía floral, de aroma agradable e redondo. Conxúganse á perfección os recordos a herbas do campo, a macela ou a menta, co aroma do melocotón ou de flores que achegan as augardentes.

FASE GUSTATIVA

En boca é intenso, sedoso, con agradable dulzor e amplo final.

Premios

Distinción Gallaecia 2010, Aguardiente de Hierbas Martín Códax

Ficha técnica

Grao alcohólico: 35º

Augardente Branca

Os nosos augardentes obtéñense  a partir de bagazos de uva albariño. A destilación realízase mediante arrastre de vapor a un ritmo lento e constante, permitindo deste xeito que aparezan os compoñentes aromáticos que lles son propios.

Nas súas catro versións, branca, café, herbas  e envellecida, son adecuados para a sobremesa, servidos ao natural ou en copa xelada. Ademais de dixestivos, son un excelente acompañante do café.

Nota de cata

FASE VISUAL

Brillante e cristalino, perfectamente transparente con tons de prata meneses.

FASE OLFACTIVA

Grande intensidade aromática, onde resalta a súa finura. Harmonioso, con persistencia de sensacións de mazá, herbas e froitas exóticas.

FASE GUSTATIVA

É lambón en boca, ardente e estructurado e ofrece retronasais con recordos de albariño.

Ficha técnica

Grao alcohólico: 42º

Licor café

Os nosos augardentes obtéñense  a partir de bagazos de uva albariño. A destilación realízase mediante arrastre de vapor a un ritmo lento e constante, permitindo deste xeito que aparezan os compoñentes aromáticos que lles son propios.

Nas súas catro versións, branca, café, herbas  e envellecida, son adecuados para a sobremesa, servidos ao natural ou en copa xelada. Ademais de dixestivos, son un excelente acompañante do café.

Nota de cata

FASE VISUAL

Presenta unha atractiva cor marrón chocolate, de tonalidade escura pero brillante.

FASE OLFACTIVA

Grande intensidade aromática, persistencia de aromas de café recén tostado.

FASE GUSTATIVA

É agradable en boca, suave, lambón, excelente equilibrio e persistencia.
 

Ficha técnica

Grao alcohólico: 30º

Augardente envellecida

Os nosos augardentes obtéñense  a partir de bagazos de uva albariño. A destilación realízase mediante arrastre de vapor a un ritmo lento e constante, permitindo deste xeito que aparezan os compoñentes aromáticos que lles son propios.

Nas súas catro versións, branca, café, herbas  e envellecida, son adecuados para a sobremesa, servidos ao natural ou en copa xelada. Ademais de dixestivos, son un excelente acompañante do café.

Nota de cata

FASE VISUAL

Brillante e cristalino, cor ambarina tostada, ofrecendo un aspecto visual excepcional.

FASE OLFACTIVA

Grande intensidade aromática, resaltando a súa finura e grao de franqueza nas sensacións percibidas do albariño e do envellecemento natural.
Harmonioso e completo bouquet, sensacións de vainilla, mazá, herbas e caramelo

FASE GUSTATIVA

Agradable sensación de calor na súa entrada en boca, para rematar despois nunha sensación de aromas procedentes da madeira e do albariño.

Ficha técnica

Grao alcohólico: 40º