Finalmente foi o Solventis o que se levou a 51ª Martín Códax Rías Baixas, unha das probas máis emblemáticas de Galicia y tamén unha das máis importantes a nivel nacional. Nesta nova edición a regata, organizada unha vez máis polo Real Club Náutico de Vigo, parou nos portos de Vigo, Sanxenxo, A Pobra do Caramiñal e Combarro.
“Ademáis dunha proba deportiva é unha proba histórica vinculada á nosa zoa, ás nosas Rías Baixas. Visítanse catro portos e con máis de 100 barcos o certo é que esta regata vai máis alá do deportivo. É, efectivamente, unha proba de camaradería”, declaraba María Garrido, directora de marketing de Bodegas Martín Códax.
A 51ª edición da Martín Códax Rías Baixas contou con máis de 80 embarcacións inscritas e disputouse entre o 13 e o 16 de agosto cun percorrido que uniu os portos de Vigo, Sanxenxo, A Pobra do Caramiñal e Combarro. O sábado 16 de agosto o Real Club Náutico de Vigo acolleu a entrega de premios na que se coñeceron aos vencedores da emblemática regata galega.
Finalmente a clasificación quedou así:
CLASE CODAX ORC 1
1º “SOLVENTIS” de Manuel Bermudez de Castro (M.R.C.Y. Baiona)…..4 pts.
2º “ACEITES ABRIL” de Luis e Jorge Pérez (C.M. Canido)……12 pts.
3º “MARÍAS” de José V. Cunha (Y.C.Porto)…………19 pts.
CLASE RÍAS BAIXAS ORC 2
1º “RÍAS BAIXAS” de Javier de la Gándara (M.R.C.Y. Baiona)..7 pts.
2º “BOSCH COMMUNICATION CENTER” de Ramón Ojea (C.M. Canido)..9 pts.
3º “CACHETE” de Francisco Edreira (C.N. Sada)………..13 pts.
CLASE COCA-COLA ORC 3
1º “LA BURLA NEGRA” de Juan J. Martínez (C.M. Canido)…..6 pts.
2º “MARACANA UNO” de Luis Suarez (R.C.N. Vigo)……..10 pts.
3º “ANDARIVEL” de José Mª García (C.N. S. Vicente do Mar)11 pts.
CLASE ACEITES ABRIL ORC 4
1º “BALEA DOUS” de Luis Pérez (C.N. Rodeira)……………..15 pts.
2º “ARROAS” de José M. Pombar (E.V. Mar de Arousa)……20 pts
3º “CHISPA NEJRA” de José Rey (C.N. Beluso)……….20 pts.
CLASE OPEN
1º “PORTU TERCERO” de Pello Basurto (C.M. Abra-R.S. Club)…10 pts.
2º “ALARIFE DOS” de Fernando Muñoz (C.M. Puerto Sherry)…16 pts.
3º “AC NÁUTICA” de Óscar Andrade (R.C.N. Vigo )…….16 pts.
CLASE J-80
1º “MELTEMI” de Guillermo Blanco (R.C.N. Coruña)……….4 pts.
2º “ESCUELA DE REGATAS NÁUTICO CORMORAN (C.N. I. La Toja)..12 pts.
3º “NAMASTE” de Javier Torroja (M.R.C.Y. Baiona)…………14 pts.