Cantos na Maré

09 de Xaneiro de 2013

Pazo da Cultura, Pontevedra

Bodegas Martín Códax colabora co Festival de Lusofonía Cantos Na Maré
Chico César, Rui Veloso, Cheny Wa Gune e Sés serán os protagonistas do evento para o que a adega sortea convites nas súas redes sociais

Nunha nova aposta pola cultura galega Bodegas Martín Códax colabora na décima edición do Festival De Lusofonía Cantos Na Maré que terá lugar o vindeiro día 12 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra a partir das 21.00 horas. Un evento que rende homenaxe ao mar como punto de encontro e que dende o seu nacemento en 2003 se consolidou como o principal evento musical e cultural da lufosonía a nivel mundial.

Nesta décima edición, o Festival contará coa presenza de Chico César dende Brasil, Rui Veloso dende Portugal, Cheny Wa Gune dende Mozambique e Sés dende Galicia. Como sempre, todos eles baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges.

Con motivo da celebración de Cantos Na Maré, Bodegas Martín Códax invita aos seus seguidores a gozar deste espectáculo e sortea a través da súa páxina oficial de Facebook, 3 convites dobres para asistir ao Festival. O sorteo iníciase o 9 de xaneiro e estará activo soamente durante dous días, xa que o venres se dará a coñecer os gañadores.

Por último, e para poñer o broche de ouro ao Festival, os artistas e integrantes de Cantos Na Maré asistirán o domingo 13 de xaneiro a partir das 14.00 horas ás instalacións da adega onde terán un encontro que lles servirá para compartir experiencias e impresións sobre o festival e para internarse na cultura do albariño, tan ligada á cultura galega.

CHICO CÉSAR Brasil
Enerxía, compromiso e ritmos afrobrasileños nun artista que repite en Cantos na Maré para celebrar o seu décimo aniversario

RUI VELOSO Portugal
O pai do rock portugués, con máis de 30 anos de carreira que o converten en toda unha institución.

CHENY WA GUNE Mozambique
Mago da fusión dos ritmos tradicionais mozambicanos coa música moderna e embaixador mundial dá timbila.

SÉS Galicia
A frescura e a enerxía dos uevos valores galegos toda xunta nos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino

UXÍA Dirección artística
Unha das voces máis populares e valoradas da nosa len¬gua, que soubo como ninguén conectar a música galega coa doutros pobos

PAULO BORGES Dirección musical
Un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran as músicas lusofónicas

Bodegas Martín Códax colabora co Festival de Lusofonía Cantos Na Maré
Chico César, Rui Veloso, Cheny Wa Gune e Sés serán os protagonistas do evento para o que a adega sortea convites nas súas redes sociais