“Diarios Sonoros” é o novo ciclo cultural levado a cabo pola Cidade da Cultura e que estará dedicado aos artistas que abren novos camiños. Cada sesión xirará arredor do artista invitado e dunha temática e conxuga concertos, charlas, pezas audiovisuais…
Ademais, ao final de cada sesión os asistentes poderán gozar dun viño ofrecido por Bodegas Martín Códax, que a través da súa páxina de Facebook tamén regala entradas VIP para cada un dos eventos.
Vindeiras sesións:
22 de Outubro – 12.00 hras.
“Celtas sen filtro”
Charla e concerto express de Patrick Molard
Condutor: Paul Pinheiro.
26 de Novembro – 12.00 hras.
“Arquitectura e música”
Performance máis instalación sonora
Condutora: Inmaculada Azouridas
17 de Decembro – 12.00 hras.
“Michel Giacometti, filmografía dun pobo,”
Proxección de documentais, charla, concerto express de Pedro Mestre.
Condutor: José Moças