Juan V. Gancedo, director xeral de Bodegas Martín Códax, foi recoñecido, na segunda edición dos premios International Wine Challenge Merchant en España, como a personalidade do ano 2017 no mundo do viño. Esta distinción recoñece a súa aposta polo viño de calidade na zona noroeste de España e toda a labor realizada para achegar o viño e a súa cultura ao público.
Gancedo, licenciado en Ciencias Empresariais, director xeral de Bodegas Martín Códax dende1995, é tamén viticultor e socio de Viticultores Martín Códax e ostenta os cargos de presidente do Clúster Alimentario de Galicia, patrono do observatorio español do Mercado do Viño, vogal do Consello Regulador Rías Baixas e vogal do Consello Rector da Plataforma Tecnolóxica do Viño; sendo tamén profesor de Marketing no Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Compostela. Cargos e ocupacións que avalan o recoñecemento otorgado.
Ademais, mediante este premio o xurado tamén quere destacar o importante papel das cooperativas, entre elas Bodegas Martín Códax, que elaboran o 65% do viño que se produce no noso país.
A adega suma así outra noticia da que enorgullecerse á recente distinción de Mellor Xestión do I+D+i 2016 pola publicación Mercados del Vino y la Distribución así coma aos nomeamentos de “Mellor Grupo Cooperativo do ano” e “Mellor Adega” pola Guía sin mala uva nos anos 2016 e 2015.
International Wine Challenge Merchant Awards
O xurado destos premios está formado por grandes profesionais do sector como Pedro Ballesteros (Master of Wine español e Presidente do xurado), Charles Metcalfe (Co-Presidente e fundador do International Wine Challenge UK), Angela Mount (xornalista, escritora e experta en viños), François Chartier (sumiller canadiense elexido como Mellor Sumiller do Mundo en 1994), Ángel Riesgo (Ex presidente de DDBO), Joxe Mari Aizega (Director do Basque Culinary Center), Salvador Manjón (director de La Semana Vitivinícola), Ferran Centelles (parte do equipo de sumilleres de El Bulli entre 2000 – 2011 e director da partida de bebidas de elBullifoundation) e José Luis Benítez (Director Xeral da Federación Española do Viño (FEV).