Festival Premios Martín Códax da Música

19 de Outubro de 2015

coloquio

Cuarteto Caramuxo

dos fios invisibles chegan as cores

Los Satelites

Pablo Díaz

wöyza

 

VER VÍDEO RESUMO PINCHANDO AQUÍ

Tras presentarse cunha posta en escena en grao sumo rompedora cun flasmob na Praza da Quintana da Orquestra 430 e unha maridaxe entre o noso viño e a actuación de Davide Salvado, o I Festival Premios Martín Códax da Música deu a coñecer a súa completa programación que permitirá aos galegos gozar da mellor música da comunidade.

O festival desenvolveuse entre os días 15 e 17 de outubro  en diferentes espazos de Santiago de Compostela, como a Zona C de Bonaval, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Teatro Principal, Salón Teatro, Mercado de Abastos ou a Sala Capitol e incluia coloquios, maridaxes de música e viño e concertos dos gañadores do último certame.

O maratón de música abríase o xoves cunha charla debate sobre a situación do sector en Galicia de man dalgúns dos grandes profesionais. Ese mesmo día, chegaba a segunda maridaxe de viño e música coa actuación de “Dos fíos invisibles chegan as cores” e os primeiros concertos protagonizados polos grupos Cro e Sub Rosa.

O venres a boa música seguía sendo a protagonista en Santiago coas actuacións de Wöyza, Cuarteto Caramuxo e Sumrrá que presentaron novo disco e encheron de público o Teatro Principal.

A última xornada foi, sen dúbida, a máis completa de todas cun espectáculo infantil a cargo de Banda Tic Tac Toc, unha sesión vermú coa Orquestra Os Satélites e os concertos nocturnos de Ataque Escampe, Cats and Monkeys, Zamaramandi e Nao que poñían o broche de ouro a estes tres días de calidade musical.