Este ano presentou grandes novidades como os 3 Premios Organistrum, que distinguiron á Mellor Sala, ao Mellor Festival e ao Mellor Espazo de Comunicación Musical. Ademais, houberon 15 categorías musicais, dous máis que na primeira edición: O “Rock” tivo categoría propia diferenciada da de “Blues, Funk e Soul” e creouse a de “Canción de Autor”.
Polo tanto, as diferentes categorías, ás que se inscribiron máis de 350 proxectos, quedaron do seguinte xeito: Pop e Indie; Rock; Blues, Funk e Soul; Metal; Canción de Autor; Hip Hop e músicas urbanas; Reggae, Ska e Mestizaxe; Electrónica; Música Clásica e Contemporánea; Jazz e Músicas Improvisadas; Música Tradicional Galega; Folque; Músicas do Mundo; Música Infantil e Orquestras, Grupos e Músicas de Verbena.
Nesta segunda edición o premio honorífico “Músicos ao Vivo” recaeu sobre N.H.U., un grupo dos 70 cuxo único disco de rock progresivo en galego segue a ser obxecto de culto.
Os finalistas, 3 en cada categoría déronse a coñecer o 26 de novembro no transcurso dunha gala que se celebrou nas nosas instalacións. O listado é o seguinte:
Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide/ Los Chavales
Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius
Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros
Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío
Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso
Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz
Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade
Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela
Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS
Canción de Autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel
Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc / Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños
Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9
Metal: Aphonnic / Nao / Machina
Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians
Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon
Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol
Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia
Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando
Finalmente o 17 de decembro nunha gala no Pazo da Cultura de Pontevedra coñecéronse os nomes dos gañadores:
Pop e indie: Ataque Escampe
Rock: Cró
Blues, funk & soul: Cats and Monkeys
Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá
Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza
Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430
Folque: Cuarteto Caramuxo
Música tradicional galega: Davide Salvado
Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores
Canción de Autor: A Cada Canto
Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc
Electrónica: Sub Rosa
Metal: Nao
Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi
Orquestras, grupos e música de verbena: Los Satélites
Premio Organistrum Salas: Aturuxo
Premio Organistrum Festivais: Festigal
Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: Planeta Furancho