Irma Thomas, protagonista do Outono Códax Festival 2014

27 de Agosto de 2014

A gran diva do soul contemporáneo e gañadora dun Grammy actúa por primeira vez en Galicia. Hannah Williams, última joia da escena británica, será outra das protagonistas do Outono Códax. O soulmen norteamericano Sonny Knight abre o festival. The Lákazans, The Absenters e Mad Martin Trío, apostas galegas desta edición.

O 20 de septembro arranca o Outono Códax Festival e traerá de novo a Galicia o mellor da chamada “música negra”. Esta cuarta edición mantén o formato habitual, un ciclo de tres concertos no que se combinan  soul, rhythm&blues, funk e rock & roll que se celebrará os vindeiros 20 e 27 de septembro e 11 de outubro.

A sala Capitol de Santiago de Compostela, será un ano máis a sede do Outono Códax, impulsado por Raíña Productions e A Reixa. As entradas terán un custo de 20€ en venda anticipada e 24€ en taquilla, se ben o festival ofrece un abono para os tres concertos por 46€. A compra de entradas pode realizarse a través de A Tenda A Reixa e Miranda (Santiago), Honky Tonk e Discos Elepe (Vigo), Discos Portobello (A Coruña), Ticketea e Sala Capitol.

SONNY KNIGHT & THE LAKERS + TT SYNDICATE + THE LÁKAZANS.

Sábado, 20 de septembr.

Sonny Knight converteuse a os seus 66 anos nun dos fenómenos do soul norteamericano.  O 2012 as súas memorables actuacións conquistaron ao público e levaronlle gravar coa súa nova banda The Lakers, o aclamado I´m still here.

Fantástico es tamén o son de TT Syndicate, banda formada en Oporto en 2012 e cuxa música está marcada polo rhythm&blues dos 60.

Os galegos The Lákazans, que xa estiveron nos Xoves de Códax, serán os encargados de abrir esta primeira noite do Outono Códax.

IRMA THOMAS + THE ABSENTERS

Sábado 27 de septembro.

Irma Thomas, unha das grandes lendas do soul e da música negra chega por primeira vez a Galicia. A “raíña do soul de Nueva Orleans”, mostrará ao público a súa quente e poderosa voz e a súa elegancia sobre o escenario.

Antes, poderemos ver aos galegos The Absenters cun repertorio cheo de clásicos dos 60 e 70.

RAY GELATO &THE GIANTS + HANNAH WILLIAMS & THE TASTEMAKERS + MAD MARTIN TRIO

Sábado, 11 de outubro.

O Outono Códa pecha a súa cuarta edición con dúas bandas británicas de referencia obrigada nos seus respectivos xéneros:  Ray Gelato, o rey do swing, con The Giants, banda coa que inició a súa nova andaina nos 90; e Hannah Williams, a joia do actual panorama británico, que ven coa compaña dos seis músicos que integran The Tastemakers.

Ao escenario tamén subirán Mad Martin Trío, novo proxecto de Martín Esturao, con Guillermo González e Manuel Brey.

EXPOSICIÓN DE FAUSTO ISORNA

Para completar a proposta musical inclúese a mostra POPtraits/Rock Parrulo do ilustrador e deseñador gráfico Fausto Isorna, que poderá verse do 16 de septembro ao 20 de outubro na Fundación Granell de Santiago.

A gran diva do soul contemporáneo e gañadora dun Grammy actúa por primeira vez en Galicia. Hannah Williams, última joia da escena británica, será outra das protagonistas do Outono Códax. O soulmen norteamericano Sonny Knight abre o festival. The Lákazans, The Absenters e Mad Martin Trío, apostas galegas desta edición.