Xa se coñecen os nomes dos finalistas dos IV Premios Martín Códax da Música! Nunha emocionante gala celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra a Asociación de Músicos ao vivo fixo entrega dos prezados melómanos creados polo artista Victor Lorenzo.
Os galardoados nesta edición foron Os Amigos dos Músicos, Agoraphobia, Iago Fernández, Maladrómeda, Alberto Vilas, Vaamonde, Lamas e Romero, Davide Salvado, Talabarte, María Fumaça – Aire!, Pálida, Aphonnic, O Sonoro Maxín, Áureas en Voga, VooDoo , Sonia Lebedynski e Ejazz.
Surfing the Lérez, A Pousada das Ánimas e ZigZag-TVG foron os tres proxetos galardoados nos Premios Organistrum, que recoñecen aos mellores festivais, salas e espazos de comunicación musical.
Ademais, a musicóloga Dorothé Schubarth recibiu o Premio Honorífico. Esta mención recoñece as súas novedosas aportacións metodolóxicas na recollida e compilación de cantos populares de 38 zonas xeográficas de Galicia e limítrofes.
En total, nesta edición, presentáronse 386 grupos, 17 salas, 24 festivais e 21 espazos de comunicación musical, chegando 57 proxetos á final.
Por vez primeira, os finalistas foron elixidos por un xurado profesional, composto por un xornalista, un representante de salas, un da industria musical, outro de formación musical e tres músicos.
Agora agardamos impacientes a chegada da V edición, para seguir celebrando e brindando pola música de Galicia.