¿Cómo transformar o teu modelo de negocio?

11 de Abril de 2013

O próximo venres 26 de abril celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia un evento sobre estratexia empresarial denominado "Como transformar o teu modelo de negocio?" organizado por Tecnópole, Excelia e Bdegas Martín Códax.

invitacion_xornada

A xornada está enfocada a directores xerais, directores financeiros, directores de estratexia e directores de organización con inquietudes en mellorar a xestión estratéxica das súas empresas fronte ás condicións cambiantes do mercado actual.

O evento, que desenvolverá en dúas horas un amplo programa, mostrará como introducir a estratexia na empresa e dará as claves ao equipo de dirección para definir as liñas mestras que guíen á súa organización a curto prazo.

Descubrirase como incrementar as capacidades do equipo de dirección mediante a aplicación de metodoloxías que convertan a definición estratéxica en algo tanxible e realizable, analizarase o entorno ao que se vai enfrontar o directivo nos próximos anos e se aprenderá a planificar as accións que se poden realizar dende un punto de vista global, tendo en conta todas as áreas funcionais da empresa. Igualmente, daranse pautas para controlar a evolución dos resultados aplicando melloras aos sistemas de control de xestión.

A empresa dispón de todo o coñecemento na parte de negocio, pero ha de ser capaz de transformar ese coñecemento en resultados, para o cal é necesario abandonar modelos de xestión históricos e buscar alternativas que fagan sostible a compañía e que estean aliñadas coas súas necesidades.

Como exemplo dunha estratexia ben empregada e de como os resultados desta avalan a súa aplicación, expoñerase a experiencia de Adegas Martín Códax, e a súa evolución nos últimos anos.

A xornada contará coa presenza de conferenciantes maxistrais e expertos en estratexia empresarial: Vicente Sorlí, Socio Director de Excelia e Juan Vázquez, Director Xeral de Adegas Martín Códax

Para asistir, é necesario inscrición previa http://www.tecnopole.es/como-transformar-modelo-negocio

O próximo venres 26 de abril celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia un evento sobre estratexia empresarial denominado "Como transformar o teu modelo de negocio?" organizado por Tecnópole, Excelia e Bdegas Martín Códax.