Chega o V aniverario do Outono Códax Festival

02 de Setembro de 2015

O Outono Códax 2015 trae por primeira vez a España a Naomi Shelton, á que tamén se unen Mike Sánchez e Tommy Hunt, mítico vocalista de The Flamingos.

12034211_1070048816340815_2100102618378508153_o

12022449_1070048619674168_7317992317354946192_o

12045698_1070048536340843_8650336833042303186_o

12027120_1073426089336421_3296460794169985551_o

12028826_1073425616003135_6359150207271714963_o12038973_1073425312669832_6227675981272989588_o

12087959_1076598479019182_5698162106983790438_o

12038650_1076593795686317_2453649737646449516_o

12132663_1076593529019677_7141015163292501539_o

Cheo absoluto nos concertos do Outono Códax Festival para celebrar deste xeito o seu quinto aniversario cun cartel de gusto exquisito que, por primeira vez, programou unha sesión fóra de Galicia; concretamente en Gijón.

A protagonista indiscutible deste ciclo foi a gran Naomi Shelton que chegou acompañada por The Gospel Queens. Aproveitaba a que foi a súa primeira actuación en España para facer dobre e estar presente tamén no “ExtraOutono” asturiano.

Pero non foi ela a única que brillou sobre o escenario do Outono Códax Festival. Artistas do talle de Mike Sánchez, Tommy Hunt ou David Hooper deron tamén o do de peito compartindo protagonismo, como xa vén sendo habitual, con algunhas das mellores bandas galegas e españolas que están a despuntar no panorama nacional.

SÁBADO, 19 DE SETEMBRO.

Mike Sánchez & His Band: Cantante, pianista e guitarrista británico, Sánchez é un dos artistas máis coñecidos do rhythm&blues e o rock’n roll actuais. Estivo connosco na Sala Capitol durante a primeira xornada do festival e damos fe de que deixou a pel nun fantástico concerto.

David Hooper & The SilverBacks: Tiña xa gañado o aplauso da crítica que o elevou ao nivel de Sharon Jones ou Sonny Knight e vaise co aplauso tamén do público do Outono Códax. Destacamos o seu ritmo, a súa enerxía e, por suposto, a súa voz.

Transilvanians: Estes galegos tiñan a dura tarefa de abrir a primeira noite do Outono Códax. O seu funk, R&B e reggae non defraudou que envorcou con eles.

SÁBADO 26 DE SETEMBRO

Tommy Hunt & The New Flamingos:  O mítico compoñente de The Flamingos, unha das lendas vivas do soul e o doo-wop contemporáneos viña acompañado por The New Flamingos, formación integrada por algúns dos vocalistas de Velvet Candles, a banda que lle precedeu a mesma noite. O seu concerto deixounos sen palabras. Toda unha lección de maestría e dominio do escenario.

The Velvet Candles: O espectáculo xa estaba asegurado con esta banda catalá. Combinaron temas propios con grandes clásicos nun gran espectáculo.

The Gospel Sessions vol.1: A incríble voz de Michelle David, unha das grandes so soul e gospel en Norteamérica, foi a protagonista nun concerto co que retomaron retomaron a esencia do gospel.

Sabela King and the Heartbreakers: O trío formado por Sabela King, Ramón Figueira e Benjamín Vázquez dixou claro que o blues, o country e o soul no son só estilos norteamericáns e deixaron o listón moi alto.

SÁBADO 3 DE OUTUBRO:

Naomi Shelton & The Gospel Queens: Foi sen dúbida a gran protagonista do festival. Xunto con The Gospel Queens, entre cuxos integrantes atópase Fred Thomas, o histórico baixo de James Brown puxeron o mellor punto e final posible ao Outono Códax. A súa aparencia fráxil nada tiña que ver coa enerxía e forza coa que subiu ao escenario e deu o seu concerto. Máis dun quedouse coa boca aberta.

O día anterior, estiveron tamén na Sala Acapulco de Gijón, precedidos por os magníficos The Lákazans

Juan Celada Band: É un dos emblemas do neo-soul español cunha traxectoria impecable. O concerto que ofreceu estaba preparado en exclusiva para o Outono. Marabilloso!

The Soul Jacket: A última aposta galega do Outono Códax mostrou ao público a facilidade para incluír sons afrolatinos ou psicodelia californiana dos sesenta en temas de máis de oito minutos. Foi impresionante.

 

O Outono Códax 2015 trae por primeira vez a España a Naomi Shelton, á que tamén se unen Mike Sánchez e Tommy Hunt, mítico vocalista de The Flamingos.