Martín Códax, Bacchus de Ouro.

30 de Marzo de 2015

O noso buque insignia, Martín Códax, é galardonado nun dos concursos internacionais máis importantes de España, os Premios Bacchus, cun Bacchus de Ouro.

martin-codax-bacchus-oro

Organizados pola Unión Española de Catadores, os premios Bacchus son a gran cita española co mundo do viño. Está recoñecido pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV) e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA) de España e é o único concurso internacional de viños en España que pertence na actualidade a VINOFED, a federación que integra aos máis reputados concursos a nivel mundial.

No concurso, celebrado entre o 19 e 23 de marzo, inscribíronse viños procedentes dun total de 80 indicacións xeográficas de calidade da España vinícola, con 64 Denominacións de Orixe incluídas. Ademais de España, tamén participaron viños de dezasete países do atlas mundial: Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, China, Eslovaquia, EUA, Francia, Xeorxia, Italia, México, Perú, Portugal, Principado de Andorra, Reino Unido, República Checa e Uruguai.

O noso albariño, referente dende hai moitos anos da D.O. Rías Baixas, foi seleccionado por un xurado formado oitenta profesionais do mundo do viño entre os que destacan dez Mastersof Wine, tres Masters Sommelier e numerosos responsables de compras e xornalistas especializados. Entre eles, figuran nomes tan importantes como Sarah-Jane Evans, John Salvi, Demetri Walters ou Andrew Howard, o español Pedro Ballesteros, a suecaMadeleine Stenwreth, o brasileiro Dirceu Vianna Jr, a alemá CaroMaurer ou os americanos Nicholas Paris e Robin Kick.

O noso buque insignia, Martín Códax, é galardonado nun dos concursos internacionais máis importantes de España, os Premios Bacchus, cun Bacchus de Ouro.