Novembro serán un mes de alta cociña nas instalacións de BodegasMartín Códax. Chegan Os showcookings de Códax, un ciclo de 3 showcookings que traerá á bodega a algúns dos mellores xefes de cociña galegos, todos eles con Estrela Michelín, para cociñar en directo ante o público e preparar as mellores maridaxes posibles para a nosa selección de viños.
O ciclo abrirao o afamado Pepe Solla de Casa Solla que preparará en rigoroso directo 5 elaboracións para maridar cos nosos viños de elaboracións especiais: Martín Códax, Martín Códax Lías,Organistrum e Martín Códax Gallaecia. A última das súas receitas servirá para acompañar a Martín Códax Vindel, o novo albariño da adega: unha elaboración nacida dunha viticultura extrema e uvas expostas a unha maduración prolongada. Un viño orixinal e elegante, nacido para ser un albariño, único e distinto.
Javier Olleros, do restaurante grovense Culler de Pau, será o seguinte Estrela Michelín que nos acompañe na bodega. Nesta ocasión as súas creacións servirán para acompañar ao albariño insignia da bodega e ás elaboracións especiais Martín Códax Lías , Martín Códax Vindel, Organistrum e Martín Códax Gallaecia
O ciclo clausúrase o 30 de novembro con Yayo Daporta. O xefe de cociña que dirixe o restaurante cambadés que leva o seu nome deleitará ao público asistente coa súa cociña, “baseada no bo gusto e sentido común e a cabalo entre a vangarda e a tradición” que fai da súa gastronomía toda unha experiencia para os sentidos. As elaboracións máis complexas da bodega serán de novo as protagonistas neste showcooking.
O calendario previsto é o seguinte:
9 de Novembro: Pepe Solla de Casa Solla
16 de Novembro: Javier Olleros de Culler de Pau
30 de Novembro: Yayo Daporta de Restaurante Yayo Daporta.
Cada xornada inclúe unha visita guiada á adega e a asistencia ao showcooking, no que poderán probar todas as creacións dos cociñeiros coas súas respectivas maridaxes. Os eventos comezan todos ás 11.00 horas e teñen unha duración aproximada de 4 horas. O aforamento é de 30 persoas.
As persoas interesadas en asistir, deberán comprar as entradas na tenda online da adega.
NOTA: Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.