Os Showcookings de Códax

29 de Outubro de 2015

8, 11 e 22 de Novembro. 11 horas.

Imagen chefs

MERCAR BILLETES PINCHANDO AQUÍ

Novembro serán un mes de alta cociña nas instalacións de Bodegas Martín Códax. Volven Os Showcookings de Códax, un ciclo de 3 showcookings que traerá á bodega a algúns dos mellores chefs galegos, todos eles con estrela Michelín, para cociñar en directo ante o público e preparar as mellores maridaxes posibles para a nosa selección de viños.

O ciclo abrirao o 8 de Novembro, coincidindo co Día Europeo do Enoturismo, Xoán Crujeiras, de A Estación de Cambre. “Cunha profunda vocación pola cociña, a tradición, a paisaxe, o respecto, a independencia e o desexo de evolucionar, o seu estilo é un camiño intermedio entre as ensoñacións gastronómicas e a racionalidade na cocina”.

Xoán preparará en rigoroso directo 5 elaboracións para maridar cos nosos viños de elaboracións especiais: Martín Códax, Martín Códax Lías, Organistrum, Martín Códax Vindel e Martín Códax Gallaecia

Iván Dominguez será a seguinte Estrela Michelín que nos acompañe na bodega. Os nosos viños volverán a maridar coas cinco novas elaboracións do chef do Restaurante Alborada. A súa cociña atlántica, na que predomina a procura da harmonía de sabores e a xusta elaboración dos produtos para que cheguen “vivos” pero engrandecidos á mesa, será a protagonista do 15 de novembro.

O ciclo clausúrase o 22 de novembro con Yayo Daporta. O chef que dirixe o restaurante cambadés que leva o seu nome deleitará ao público asistente coa súa cociña, “baseada no bo gusto e sentido común e a cabalo entre a vangarda e a tradición” que fai da súa gastronomía toda unha experiencia para os sentidos. As elaboracións máis complexas da bodega serán de novo as protagonistas neste showcooking.

O calendario previsto é o seguinte:

  • 8 de Novembro: Xoán Crujeiras de A Estación de Cambre.
  • 15 de Novembro: Iván Domínguez de Restaurante Alborada
  • 22 de Novembro: Yayo Daporta de Restaurante Yayo Daporta.

Cada xornada inclúe unha visita guiada á bodega e a asistencia ao showcooking, no que poderán probar todas as creacións dos cociñeiros coas súas respectivas maridaxes. Os eventos comezan todos ás 11.00 horas e teñen unha duración aproximada de 4 horas. O aforamento é de 30 persoas.

As persoas interesadas en asistir, deberán comprar as entradas na tenda online da bodega.

NOTA: Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.

8, 11 e 22 de Novembro. 11 horas.