PINCHA AQUÍ PARA COMPRAR OS BILLETES.
Xa están aquí Os Showcookings de Códax!
Tres novas citas con tres Estrelas Michelín na que é a edición máis feminina de todas.
Tres cociñeiras que nos amosarán que se pode conxugar innovación e tradición e que trasladarán ao público aos seus lugares de orixe grazas a sabores ancorados nas súas raíces.
Cociña en directo e harmonías con algunhas das elaboracións máis especiais da bodega. Vascho a perder?
Beatriz Sotelo da Estación de Cambre, Inés Abril de Maruja Limón e, por primeira vez en Os Showcookings de Códax a cociña traspasa fronteiras e acompáñanos Yolanda León de Cocinandos.
Non serán estas as únicas novidades. De forma inédita, o despacho de billetes destinarase á loita contra o cancro de mama a través da Asociación Española contra o Cancro. Unha iniciativa que non só pon en valor a experiencia e profesionalidade de tres grandes cociñeiras senón que permitirá aos asistentes achegar o seu gran de area contra unha das enfermidades máis padecida polas mulleres.
O calendario previsto de showcookings é o seguinte:
- 13 de Novembro: Beatriz Sotelo da Estación de Cambre.
- 27 de Novembro: Yolanda León de Cocinandos
- 4 de Decembro: Inés Abril do Restaurante Maruja Limón.
Cada xornada inclúe unha visita guiada á bodega e a asistencia ao showcooking, no que poderán probar todas as creacións dos cociñeiros coas súas respectivas maridaxes. Os eventos comezan todos ás 11.30 horas e teñen unha duración aproximada de 4 horas. O aforamento é de 40 persoas.
As persoas interesadas en asistir, deberán comprar as entradas na tenda online da bodega.
NOTA: Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.