Os Xoves de Códax

25 de Xuño de 2013

Terraza de Bodegas Martín Códax

Presentamos a segunda edición de "Os Xoves de Códax", o circuíto de concertos que terá lugar na terraza-lounge da adega.


A maridaxe entre o albariño e a música de artistas como Sés &Tito Calviño, Mercedes Peón ou Di Elas, serán os protagonistas das postas de sol en Martín Códax.

Tras o éxito do pasado verán, presentamos a segunda edición deOs Xoves de Códax, un ciclo de oito concertos de artistas galegos de renome que permitirán descubrir aos asistentes novas formas de sentir e vivir os viños da adega. Estas tardes de música e viño terán lugar os xoves de xullo e agosto na terraza de Bodegas Martín Códax a partir das 20.30 horas, cunha duración aproximada dunha hora.

A nosa terraza encóntrase no outeiro de Burgáns, dende a cal se divisa o Val do Salnés así como a Ría de Arousa, tendo un enclave privilexiado para gozar das postas de sol estivais.

Para poder asistir aos “Xoves de Códax” e tendo en conta que o aforamento será limitado, é imprescindible reservar praza a través do correo comercial@martincodax.com, do teléfono 986526040 e do Facebook de la Bodega, deixando os datos persoais na aplicación correspondente.
Os asistentes, ademais da obra destes artistas poderán gozar tamén dunha degustación dos viños de Martín Códax.

O calendario de concertos previsto é o seguinte:

  • 4 de xullo: Sés & Tito Calviño
  • 11 de xullo: Mercedes Peón
  • 18 de xullo: Teté Delgado y Martín Esturao
  • 1 de agosto: Di Elas
  • 8 de agosto: Primordiais
  • 15 de agosto: Diego Pacheco & Hugo Chamizo
  • 22 de agosto: Sumrrá
  • 29 de agosto: Uxía & Joao Afonso

Sobre Sés & Tito Calviño:

A artista revelación galega, Sés, que repite neste ciclo, presentará o seu novo disco “Co xenio destrozado”, un traballo producido por ela mesma e feito con orgullo de identidade, frescura e vitalidade. Neste directo contará co seu guitarrista cómplice, Tito Calviño, que xa a acompañou na gravación do seu disco.

Sobre Mercedes Peón:

A variedade das súas composicións que van dende os ritmos máis ancestrais ata temas eclécticos e vibrantes xunto coa enerxía que desprende, fan desta artista unha aposta segura.

Sobre Teté Delgado & Martín Esturao:

Estes artistas pecharán as actuacións do mes de xullo. Na súa actuación o público poderá gozar da música dos cincuenta interpretada en acústico por estes dous grandes da escena musical.

Sobre Di Elas:

É a banda de power rock composta por Luis Tosar, Piti Sanz, Ivan Laxe, Suxo Alonso e Ro Muñoz. No 2008 todos eles se agrupan baixo o nome “The Ellas“, interpretando en directo un repertorio con versións de grupos liderados por mulleres, construíndo un son propio que os leva en 2010 a compoñer temas orixinais, agora se tras o nome definitivo Di Elas

Sobre Primordiais:

Os músicos Marcelo González e Luis Martíns ofrecerán un atractivo concerto, novo e motivador co que o espectador redescubrirá a terraza de Bodegas Martín Códax como un espazo para gozar e participar da música e a danza.

Sobre Diego Pacheco & Hugo Chamizo:

Dúo de guitarristas formado por Hugo Chamizo (cantante de flamenco) e Diego Pacheco. Con alma flamenca: Hugo Chamizo e Diego Pacheco interpretan diversos temas de artistas da guitarra española, moito deles tan famosos como Triana, Camarón da Illa ou Paco de Lucía, entre outros. Estes dous virtuosos da guitarra únense para formar un dúo de guitarras potente e único. Un espectáculo cheo de arte.

Sobre Sumrrá:

Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e L.A.R Legido presentarán o seu disco “4.0”, unha proposta jazzística con elementos doutros xéneros como o pop, o rock ou o folk.

Sobre Uxía & Joao Afonso

Uxía, a voz do Atlántico e Joao Afonso, un dos principais cantautores portugueses. Será unha noite máxica na que regalarán ás persoas asistentes unha sesión case fraternal resultado da súa complicidade.

Presentamos a segunda edición de "Os Xoves de Códax", o circuíto de concertos que terá lugar na terraza-lounge da adega.


A maridaxe entre o albariño e a música de artistas como Sés &Tito Calviño, Mercedes Peón ou Di Elas, serán os protagonistas das postas de sol en Martín Códax.