Nova edición Os Xoves de Códax

03 de Xuño de 2016

Chega o V Aniversario dos Xoves de Códax. O ciclo de concertos consolídase na súa quinta edición como unha das citas musicais indispensables do verán.

COMPRAR ENTRADAS PINCHANDO AQUÍ. 

Foron meses de longa espera, pero pagou a pena. Por fin coñecemos xa o cartel de artistas que, unha vez máis faránnos vibrar na nosa terraza, onde gozar ademais de uns solpores privilexiados sobre a Ría de Arousa.

Xa están aquí Os Xoves de Códax! E non será  unha edición cualquera. Celebramos xa o V Aniversario dun ciclo que se consolida coma unha das citas musicais indispensables do verán. Maduro pero máis vivo e novo que nunca, con vondade de experimentar e misturar proxectos musicais de diversas procedencias pero, coma sempre, con marcado carácter galego. Tardes de música e viño que, por quinto ano consecutivo, nos permitirán descubrir novas formas de sentir e vivir os viños da bodega.

Como cada verán, os concertos terán lugar os xoves de xullo e agosto a partires das 20.30 horas, e seguindo o funcionamento de pasadas edicións, se queredes acompañarnos cómpre comprar as entradas dende a nosa tenda online. Terán un prezo de 6 euros e os beneficios obtidos destinaranse a diferentes asociacións sen ánimo de lucro da zona. 

Este ano as entidades que recibirán estes beneficios son a Fundación Amigos de Galicia, Esperanza Salnés, Fundación Arela, Cogami, Asperga, Cáritas, Federación Amigos de los mayores e Fundación Andrea. Como cada verán, cada unha destas asociacións nos acompañarán nos concertos.

As entradas dos concertos de xullo estarán disponibles á venda a partires d 6 de xuño ás 12.00 horas. As dos concertos de agosto, poderán comprarse dende o 1 de xullo ás 12.00 horas.

calendario de concertos previsto é o seguinte:

FECHAS ARTISTAS
7 de Xullo De Vacas
14 de Xullo Wöyza
21 de Xullo Amparo Sánchez & Ico (O Sonoro Maxín)
28 de Xullo Sole Giménez & Teo Cardalda
4 de Agosto Eladio y Los Seres Queridos
11 de Agosto Silvia Penide
18 de Agosto Josemi Carmona & Tacón Gitano
25 de Agosto Uxía & Javier Ruibal

 

Sobre De Vacas:

O V Aniversario dos Xoves de Códax arranca con forza e sube ao escenario a un dos grupos máis frescos da actualidade musical galega: De Vacas. Gañadores na categoría de grupos vocais dos Premios Martín Códax da Música, abrirán o ciclo con versións que percorren míticos temas venerados polas masas e maltratados pola historia, de artistas tan diversos como Enrique Iglesias ou as Spice Girls.

Sobre Wöyza

Vinculada á sempre vibrante escena hip hop viguesa, Wöyza foi gañadora en 2014 na súa categoría dos Premios Martín Códax da Música, tras ser finalista durante tres anos consecutivos.  As súas letras, directas e cun fondo crítico, e a súa voz, transmitirán sobre o noso escenario, sentimento en estado puro.

 Sobre Amparo Sánchez & Ico (O Sonoro Maxín)

Un concerto cheo de enerxía, positivismo e mestizaxe no que Amparo e Ico, acompañados dun guitarrista, van desparramar a inmesa forza dos seus repertorios e vanse fundir tamén nunha aperta Galicia-Barcelona-Continente Americano, para brindar con albariño por un mundo mais feliz.

Sobre Sole Giménez & Teo Cardalda:  

Unha das voces máis elegantes e inconfundibles da música española xunto a unha das referencias indiscutibles do pop que exportou Galicia nos oitenta e noventa. Sole Giménez e Teo Cardalda, dous institucións do pop español sobre o escenario dos Xoves de Códax, acompañados polo pianista habitual de Sole, Iván Melon Lewis.

Sobre Eladio y Los Seres Queridos:

Premio Martín Códax da Música á mellor banda galega Indie-Pop 2013, Eladio y Los Seres Queridos, viven un momento máxico tras atopar a madurez e un son propio a base de tocar e tocar en directo durante as xiras nas que estiveron inmersos dende 2011. No seu actual disco, “Orden invisible”, descubrimos, ademais de boas cancións e letras traballadas, a súa faceta máis eléctrica.

 Sobre Silvia Penide

A gañadora dos Premios Martín Códax da Música na categoría pop-indie, Silvia Penide, segue a sumar calidade e posiciónase no panorama musical nacional, rodeada de grandes profesionais. En Martín Códax presentará o seu novo disco “Todo pintado de plata” marcado polo seu persoalísimo pop de autor.

 Sobre Josemi Carmona & Tacón Gitano:

Nesta edición dos Xoves de Códax o flamenco traeno Tacón Gitano. Pero non calquera flamenco. É a voz do pobo xitano que expresa como ninguén os seus sentimentos feitos música. Para a ocasión, que mellor convidado que o guitarrista Josemi Carmona, toda unha lenda viva do flamenco. Agasallaranos con temas en solitario e sorprenderanos fundíndose cos galegos para ofrecernos una viaxe única.

Sobre Uxía & Javier Ruibal

Uxía & Javier Ruibal transitarán con alegría e liberdade polas sonoridades do flamenco, a música do Magreb e polas músicas galegas e lusófonas nunha mestizaxe que nos convida a crer con firmeza en que a fusión das músicas y os sangues traerannos un novo lugar de encontro para a felicidade, un novo planeta que aínda está en formación. Norte e Sur tecendo ritmos e melodías.

NOTA: ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDA A ENTRADA AOS CONCERTOS A MENORES DE IDADE. 

COMPRAR ENTRADAS PINCHANDO AQUÍ

#osxovesdecodax #culturamartincodax

[/mcodax-texto]

Chega o V Aniversario dos Xoves de Códax. O ciclo de concertos consolídase na súa quinta edición como unha das citas musicais indispensables do verán.