Outono Códax Festival 2016

29 de Setembro de 2016

O Outono Códax celebra este ano a súa sexta edición con dúas das grandes voces do soul, Lee Fields e Martha High.

Lee_Fields_outonocodax

Martha High_copyright Philippe LEVY-STAB_outono_codax

The_Pretty_Things_outonocodax

A nova edición do Outono Códax Festival chega a Santiago de Compostela o próximo mes de outubro con novidades na súa organización. Non serán 3, se non 6 os concertos que poderán gozar os amantes do soul e do rhythm&blues e á habitual Sala Capitol, úneselle agora a Sala Riquela, que será tamén escenario destas citas ineludibles na capital galega.

O soulman estadounidense Lee Fields, a compañeira artística de James Brown, Marta High e a mellor banda británica de rythm&blues de todos o tempo, The Pretty Things, serán os que, sen dúbida, protagonizarán algúns dos mellores momentos desta sexta edición.

A eles súmanselles outros grandes do panorama internacional: Luke Winsly King, unha das voces máis respectadas dos novos sons tradicionalistas de Nova Orleans, e Virgina Brown and The Shameless, explosión de enerxía e baile a ritmo de mambo, rumba, stroll e boogie.

En canto a referencias nacionais, o Outono Códax abre as súas portas aos cataláns Wax&Boggie e os asturianos Trash-Tornados, xunto aos galegos The Hellbuckers e Andhrea and The Black Cats, fieis á súa aposta pola música feita en Galicia.

Tras os concertos, non esquezades quedarvos ás xa tradicionais allnighters do festival!

A este ambicioso programa musical, súmaselle a exposición “Rocker, retrato dun espírito”, do fotógrafo catalán Antonio Alay, que ofrece a súa visión da cultura rockabilly e os amantes do rock’n roll clásico. Unha mostra que permanecerá aberta do 28 de outubro ao 15 de novembro na Fundación Granell.

Se non te queres perder este festival, consegue xa as túas entradas nos puntos de venda físicos autorizados ou en www.salacapitol.com e www.ticketea.com, ou faiche co pasaporte directo e gratuíto “Rock’nporte” coas consumicións e compras nos case 100 establecementos colaboradores.

CALENDARIO DE CONCERTOS:

  • Venres, 7 de outubro: Lee Fields and The Expressions + The Hellbuckers. (Sala Capitol)
  • Sábado, 8 de outubro: Wax&Boggie. (Sala Riquela)
  • Venres, 28 de outubro: Trash-Tornados. (Sala Riquela)
  • Sábado, 29 de outubro: Martha High and band + Virgina Brown and The Shameless. (Sala Capitol)
  • Venres, 11 de novembro: Andhrea and The Black Cats. (Sala Riquela)
  • Sábado, 12 de novembro: The Pretty Things + Luke Winslow King. (Sala Capitol)

O Outono Códax celebra este ano a súa sexta edición con dúas das grandes voces do soul, Lee Fields e Martha High.