Outono Códax Festival 2017

07 de Setembro de 2017

PP Arnold, lenda icónica da escena británica dos 60, abrirá a VII edición do Outono Códax,

outono 350x345px

O Outono Códax Festival, festival galego de música negra, regresa a finais de outubro a Santiago de Compostela na que xa será a súa VII edición, con forzas renovadas e un selecto cartel que se traduce en seis exclusivas citas cheas de soul, rock´n roll, blues, rhythm&blues, swing e boogie.

Un ano máis, a emblemática Sala Capitol de Santiago será a sede do ciclo.

O cartel deste Outono Códax 2017 inclúe unha decena de artistas e bandas escollidos entre o máis selecto do actual panorama internacional, estatal e galego do xénero. PP Arnold, unha das grandes voces clásicas do soul e unha das figuras máis icónicas da escena británica dos 60, será quen abra esta VII edición do festival que terá coma broche final o directo da que é considerada a banda revelación do soul internacional, The Suffers.

Xunto a eles, actuarán tres das referencias internacionais actuais máis destacadas do rock´n roll, o blues e o swing: Hillbilly Moon Explosion; Daddy Long Legs e Sugar Daddy&The Cereal Killers. Ademais das orixinais apostas de Hendrik Röver-Óscar Avendaño-Juanjo Zamorano, Johnn B. Bad, Cachas&Cousins, Mad Martin Trío e Lar&Freire.

Se non te queres perder este festival, consegue xa as túas entradas nos puntos de venta físicos autorizados ou en www.salacapitol.com e www.ticketea.com, ou faite co pasaporte directo e gratuito “Rock’nporte” coas consumicións e compras nos case 100 establecementos colaboradores.

 

CALENDARIO DE CONCERTOS:

  • Xoves, 26 de outubro: PP Arnold + Cachas & Cousins.
  • Venres, 27 de outubro: Lar & Freire: “Folkloor”.
  • Venres, 3 de novembro: Röver & Avendaño & Zamorani: “No teman a los cantautores”.
  • Sábado, 4 de novembro: Hillbilly Monn Explosion + Daddy Long Legs + Mad Martín Trío.
  • Venres, 17 de novembro: Johnny B. Bad.
  • Sábado, 18 de novembro: The Suffers + Sugar Daddy & The Cereal Killers.

 

 

PP Arnold, lenda icónica da escena británica dos 60, abrirá a VII edición do Outono Códax,