Presentamos Marieta

17 de Xullo de 2012

Abastos EGC

Presentamos o primeiro albariño semiseco da historia: Marieta. ¿Vés connosco?


O pasado mércores 18 de xullo nun evento organizado no local compostelán de Abastos EGC presentamosvos a Marieta, o primeiro albariño semi seco da Denominación de Orixe Rías Baixas.

O evento foi amenizado con música en directo ofrecido polo grupo Pi Graos e os convidados puideron degustar a cociña de Abastos 2.0
O albariño Marieta, trátase dun tipo de viño nunca antes producido e comercializado na denominación: un albariño 100% con 14 gr. /l de azucre residual. É unha nova forma, nova, fresca e divertida de gozar do Albariño.

Durante a elaboración de Marieta paralízase a fermentación alcohólica dun xeito natural mediante o emprego de frío logrando así as súas características únicas. Un albariño, cunha cor amarela con reflexos limón, cuxa atractivo se encontra na súa acidez, que lle permite seguir sendo un viño refrescante e que invita a unha segunda copa. En nariz presenta unha intensidade alta con notas de melocotón, mazá madura e melón, achegando en boca un paso lambeteiro e intenso. Cunha lixera punta de burbulla, a retronasal resulta moi froitosa e cítrica.

Presentamos o primeiro albariño semiseco da historia: Marieta. ¿Vés connosco?