Os primeiros galardóns do 2013

26 de Marzo de 2013

Bodegas Martín Códax

Non só os albariños elaborados por Bodegas Martín Códax na D. O. Rías Baixas obteñen premios internacionais. O noso proxecto de expansión levounos a instalarnos noutras denominacións como Monterrei e Bierzo onde elaboramos viños que son recoñecidos tamén polos grandes catadores e expertos vinícolas. Así, os primeiros galardóns do 2013 de Bodegas Martín Códax foron parar ao mencía Catro Pasos e ao godello Mara Martín.

gran_diamante

No caso de Mara Martín, un godello que destaca polo seu Intenso toque de flores silvestres cun lixeiro fondo cítrico de lima e un paso por boca intenso e graxo, tras ser nomeado Mellor Viño Branco de Galicia, a nova anada obtivo o maior galardón posible nos Premios Viño e Muller 2013: Gran Diamante. Este concurso ten por obxectivo dar a coñecer o mundo do viño e fomentar a presenza das mulleres neste sector. O xurado, que catou un total de 120 viños, estivo formado por expertas en análise sensorial, enólogas, sumilleres e xornalistas como Isabel Mijares ou Luz Divina Merchán, entre outras. Deses 120 viños, só catro foron merecedores do Gran Diamante, como é o caso de Mara Martín.

Pola súa banda, Cuatro Pasos, un mencía elaborado no Bierzo, acaba de recibir o Bacchus de Oro, un dos recoñecementos máis prestixiosos a nivel nacional. Os Premios Bacchus están organizados pola Unión Española de Catadores e son o único certame nacional recoñecido pola OIV. É a gran cita española co mundo do viño e neste concurso participaron máis de 1500 viños. De aí, a importancia deste premio para Catro Pasos.