Trofeo Martín Códax de Solitarios e A Dous

07 de Xuño de 2013

Durante os días 8 e 9 de xuño a flota galega da especialidade trazará un percorrido largo de litoral

O Club de Yates organiza por segundo ano consecutivo o Trofeo Martín Códax de Solitarios e A Dous

A cita é puntuable para os circuitos autonómico e ibérico  e Campionato Galego de ambas clases

 

O Monte Real Club de Iates de Bayona organiza, por segundo ano consecutivo, en colaboración con Turismo Rías Baixas e Turismo de Galicia, o Trofeo Martín Códax de Solitarios e A dous, que neste 2013 volve ser Campionato Galego de ambas as dúas clases sendo, tamén, puntuable no Circuíto Autonómico das dúas modalidades e para o Circuíto Ibérico de Solitarios e A Dos, este último novidade no programa deportivo do Monte Real.

Durante os días 8 e 9 de xuño, a frota galega da especialidade largará amarras dende os peiraos do Club de Iates, para trazar un percorrido de litoral de 60 millas náuticas que os levará dende a Baía de Baiona ata o interior da Ría de Arousa, navegando no seu trazado de ida e volta polo interior da Costa da Vela, utilizándose a xeito de canle natural marítimo de seguridade, e onde a organización pode establecer un mellor control de seguimento e vixilancia, grazas aos sistemas de tracking instalados en cada veleiro, e que posicionarán o seu punto GPS na propia web do Club de Iates (www.mrcyb.es), dende a que poderase seguir en aberto a evolución da regata.

O Trofeo Martín Códax, está integrado na Copa Presidente Rafael Olmedo, cumpríndose este ano a XXII edición da regata na especialidade, volvendo outorgar a Federación Galega de Vela a designación de Campionato Galego.

O Trofeo Martín Códax de Solitarios e A Dos é unha das probas velísticas de maior prestixio na comunidade, unha regata de longa distancia na que o hándicap é o manexo dos aparellos dun veleiro en solitario ou con outro tripulante, resultando complicado en condicións difíciles de vento e de mar.

Reto persoal de superación, conta cunha ampla participación de regatistas, sumándose representantes doutras comunidades autónomas.

O Castrosua, de Willy Alonso, do Monte Real Club de Iates de Bayona, foi o vencedor absoluto do pasado ano, sendo tamén o gañador do Grupo 1 dos A dous con Alberto Viejo de tripulante. Chispetrén, de Jesús Iglesias, con Pancho González, do Club Náutico Caramiñal, leváronse o Grupo 2. E o Magic Line, de Alfonso Trastoy, do Real Club de Mar de Aguete, gañou o Martín Códax en Solitarios.

Durante os días 8 e 9 de xuño a flota galega da especialidade trazará un percorrido largo de litoral

O Club de Yates organiza por segundo ano consecutivo o Trofeo Martín Códax de Solitarios e A Dous

A cita é puntuable para os circuitos autonómico e ibérico  e Campionato Galego de ambas clases