Por terceiro ano consecutivo, a moda tivo a súa noite propia na capital española. Trátase da Vogue Fashion’s Night Out, celebrada o pasado sete de setembro, que xa se converteu nun dos grandes eventos da moda. Os mellores barrios de Madrid engalanados para esta noite, as portas das mellores tendas abertas a todos e un ambiente inmellorable fan que esta noite sexa para recordar. Por iso, en Martín Códax, non nolo queriamos perder.
Apoiando unha das grandes deseñadoras galegas, Kina Fernández, o noso Martín Códax tamén foi protagonista nesta noite chea de glamur e puido degustarse maridado cos chocolates salgados de Chocolat Factory. Unha aposta arriscada pero que encantou a todos os asistentes.
A noite ía pasando e a xente non deixaba de chegar disposta a coñecer as últimas tendencias. As caras coñecidas tamén deixáronse ver, como Imanol Arias que posou encantado con Kina Fernandez e a súa filla no noso photocall.
No momento da sobremesa, tamén sorprendemos os convidados: o noso delicioso licor café Martín Códax ofreceuse acompañado con novos chocolates poñendo o toque máis doce de toda a noite.
O momento que ningún quería ver chegar, finalmente produciuse e a Vogue Fashion Night Out chegou á súa fin. Iso si, non estamos tristes porque nós xa estamos a preparar a seguinte!