X Aniversario As Revenidas

20 de Xuño de 2013

O albariño semiseco Marieta, viño oficial do X Aniversario das Revenidas.

O festival celebrarase o 18, 19 e 20 de xullo.

qq

O noso albariño semiseco Marieta, avalado pola crítica e público nos diferentes concursos, foi elexido como viño oficial do X Aniversario das Revenidas. O seu espíritu, xoven, fresco e divertido encaixa á perfección co do festival que este ano se celebrará os días 18, 19 e 20 de xullo

Este ano, a súa programación é la máis potente da súa historia. Vinte grupos musicais e dez artistas do circo e de teatro converterán ao pobo mariñeiro de Vilaxoán en toda unha festa. Concertos de pago, actividades de balde para toda a familia, sardiñada popular, postos de artesanía e mostras artísticas tomarán este pequeno recuncho da Ría de Arousa durante os tres días de festival, no que haberá acampada libre para a xente que queira durmir ao ladiño do mar.

O festival comezará o xoves 18 ás 21h30 cos concertos gratuítos, para que todo o mundo poida celebrar xunto cos veciños e veciñas de Vilaxoán o X Aniversario do festival. A orde das actuacións será: Maskarpone, The Lákazans, Lusco e Fusco, Leo i Arremecaghona e Borderline79. O concerto rematará entorno as 02h30 da madrugada.

O venres 19 a festa iniciará ás 19h da tarde, para non rematar ata ás 6 da madrugada. Ás 19h haberá unha actuación gratuíta dos Click-Clown, unha parella de clowns que nos fará gozar coas suas tolemias. Seguiralle ás 21h, a actuación de Najla Shami, tamén de balde, para ir entrando en calor. Ás 22h comezarán os concertos de pago na seguinte orde de actuacións: Fura Fura, Tío Calambres, Obrint Pas, Ulträqäns, Ruxe Ruxe, Arrhythmia, Zenzar, Dj Pimp e Dj Calambres. Haberá dous escenarios no que se irán alternando as actuacións, para que a música non pare nin un segundo.

O sábado 20, o día central do festival, á festa empezará coma sempre ao mediodía. Ao redor da sardiñada popular, na que se venderán sardiñas revenidas feitas na grella, empanada e todo tipo de bebidas, desenvolveranse numerosas actuacións desde ás 15h30 ata ás 22h. Todas elas gratuítas. De seguido, ás 16h, a actuación de teatro da compañía Bandullo Azul e ás 17h as acrobacias de Kanbahiota, para rematar e animar a tarde coa percusión de Trópico de Grelos.

De 19h ás 21h30 desenvolverase a Gala de Circo solidaria co Sáhara, que tamén é de balde, pero na que se pasará “a gorra” para que as persoas que queiran colaborar con proxectos nos campamentos saharauís fagan o seu aporte. Os artistas que colaboran con esta iniciativa son: Circo Chosco, Mago Teto, Mentalini, Kanbahiota e Peter Punk, que será o encargado de conducir a todo este grupo. Rematará a gala cun concerto de Fran Pérez, Narf, cantautor e compositor e un dos artistas galegos que máis aposta pola fusión da música e a cultura entre os países lusófonos.

Ás 23h darán inicio os concertos, a traca final do festival, con Fermín Muguruza, Zuloak, Os Diplomáticos de Monte Alto, O Caimán do Río Tea, Martelo e a Compañía do Ruído. Xunto cos DJ D Selectors e Fonky Omar.

Os abonos e as entradas poden mercarse a través da páxina web do festival e nos postos de venda físicos. Na web tamén atoparedes a listaxe de grupos e bandas que actuarán no festival.

Sen dúbida, unha das principais citas musicais do verán.

O albariño semiseco Marieta, viño oficial do X Aniversario das Revenidas.

O festival celebrarase o 18, 19 e 20 de xullo.