Hacia unha viticultura sostible.

23 de Xullo de 2013

Bodegas Martín Códax

Bodegas Martín Códax organizou as xornadas de vitivinicultura “Hacia unha viticultura sostible. 10 anos de I+D en Martín Códax”.

A charla tivo lugar o 31 de xullo e contou cos relatorios dos expertos no sector Jose Ramón Lisarrague e Antonio Palacios.


Coincidindo co décimo aniversario da plantación do viñedo de investigación Pé Redondo, a adega organizou o pasado 31 de xullo a xornada de vitivinicultura “Cara a unha viticultura sostible. 10 anos de I+D en Martín Códax co obxectivo de realizar un balance do traballo feito nos últimos anos en pro do coñecemento do albariño e analizar os principais retos en materia de sostibilidade.

Juan Vázquez Gancedo, director de Bodegas Martín Códax, abriu o acto e quixo transmitir o público asistente que a información obtida tras anos de investigacións en Pé Redondo será moi útil para o sector e o seu enriquecemento. “Unha serie de proxectos levados a cabo por Adegas Martín Códax encamiñados a un mellor coñecemento da variedade albariño, pouco estudada dende un punto de vista agronómico ata o momento, co obxectivo de que a súa produción sexa unha actividade sostible a nivel social, económico e ambiental e que permita aos viticultores vivir do seu traballo nos viñedos e poidan deixar esa gran riqueza ás xeracións futuras contribuíndo así ao benestar do Val do Salnés“.

A xornada contou cos relatorios de Jose Ramón Lisarrague, Doutor Enxeñeiro Agrónomo da Universidade Politecnica de Madrid, Antonio Palacios, Doutor en Bioloxía e Enólogo, profesor Asociado da UR e xerente laboratorios Excell Ibérica, Miguel Tubío e Katia Álvarez, Director de Viticultura e Directora de Enolgía de Martín Códax respectivamente e estivo dividida en 3 bloques diferenciados.

O primeiro bloque, Aromas e albariño, supuxo un repaso de todo o traballo realizado en estudo do potencial aromático do albariño e foi introducido por Antonio Palacios que destacou os compostos presentes nos viños e o seu efecto na calidade dos aromas. Neste primeiro bloque, ademais, analizáronse as principais diferenzas encontradas na composición aromática, enzimática e fenólica na uva procedente dos viñedos do Salnés grazas ao estudo de Zonificación do Salnés realizado pola adega entre 2006 e 2009. Un proxecto que permitiu á adega xestionar a gran dispersión de parcelas existentes no val e a través do cal se confirmou que as prácticas vitícolas realizadas en viñedo son máis importantes neste aspecto que a propia situación do terreo.

Non só os viñedos do Salnés foron analizados neste primeiro bloque senón que na xornada tamén se viron as grandes diferenzas entre os viños albariño que se encontran esta subzona e os elaborados no Condado e El Rosal. Diferenzas moi evidentes debido ás variacións climáticas e de chans.

Por último, e como peche do bloque, se destacou un novo proxecto iniciado en 2012 pola adega que emprega ferramentas de teledetección como tecnoloxía de traballo para realizar clasificacións de vendima en función do potencial enolóxico de cada viñedo.

O segundo bloque, sobre as consecuencias do cambio climático no albariño, centrouse en explicar con detalle o proxecto Cénit Deméter no que participou un total de 25 empresas, entre elas Martín Códax e a través do cal se estudou os efectos do cambio climático sobre o viñedo e tamén se abordou a xestión da auga no viñedo neste tipo de escenarios onde manexo do rego se presentou como unha técnica fundamental para mitigar os efectos do cambio climático. Outros ensaios específicos desenvolvidos pola adega sobre sistemas de condución, cargas e tipo de poda, que xeraron un coñecemento moi valioso para formular estratexias de cultivo de albariño e garantir a sostibilidade, tamén foron obxecto de análise, neste segundo bloque.

O terceiro bloque, destacou os últimos traballos de Martín Códax e que xa teñen un claro enfoque de sostibilidade, como o proxecto Viñas Atlánticas a través do cal se traballa en pro da optimización e redución do uso dos produtos fitosanitarios xunto con outras dúas cooperativas da zona e do que se benefician un 66% dos viticultores do Val do Salnés.

A viticultura de precisión foi outro dos eixes centrais do bloque. Bodegas Martín Códax comezou a aplicala xa o pasado ano e comprobouse que mellora a sostibilidade na xestión dos viñedos de maior superficie ao poder realizar un tratamento diferencial para cada parcela ademais de poder homoxeneizar os viñedos en función do seu potencial e e reducir o uso de fitosanitarios.

Outro dos puntos fortes da xornada de viticultura, incluído tamén neste terceiro bloque foi a presentación pública da primeira “Memoria de sostibilidade de Bodegas Martín Códax”, correspondente ao exercicio 2012 e enmarcado dentro da filosofía de transparencia adoptada pola adega e do noso obxectivo estratéxico de seguir avanzando na consecución de servizo cada vez máis sostible. Baixo este enfoque tamén se presentou o cálculo da pegada de CO2 da botella de Martín Códax, que é o primeiro dato que se publica en Rías Baixas, os factores máis relevantes que inciden nela así como a súa repartición das distintas fases de produción dende o viñedo á saída da botella ao mercado.

Como peche da conferencia, tivo lugar unha mesa redonda onde os diferentes expertos, contando tamén coa participación do público, debateron sobre os retos aos que se enfronta a viticultura dende o punto de vista da sostibilidade.

Bodegas Martín Códax organizou as xornadas de vitivinicultura “Hacia unha viticultura sostible. 10 anos de I+D en Martín Códax”.

A charla tivo lugar o 31 de xullo e contou cos relatorios dos expertos no sector Jose Ramón Lisarrague e Antonio Palacios.