I+D+i
En Bodegas Martín Códax apostamos pola investigación e o desenvolvemento levando a cabo diferentes proxectos en Pé Redondo, o noso viñedo experimental. Con eles búscase profundizar no coñecemento da uva albariña e mellorar a calidade dos nosos produtos.
GLOBALVITI
VINOVERT
INDUSTRIA 4.0
2016-2019
Estudo da redución do uso de fitosanitarios na viticultura.
En Vinovert explórase a viabilidade técnica e económica da redución do uso de praguicidas de maneira localizada e adaptada aos diferentes climas e empresas. O enfoque do proxecto analizará de maneira transversal a capacidade real para cambiar as prácticas actuais de protección de viñedos en materia de viticultura. Proxecto financiado polo programa europeo de cooperación territorial Interreg SUDOE cun orzamento de 1.2 millóns de euros.2016
Proxecto gañador da edición 2016 dos Premios e Axudas a Proxectos Piloto Fábrica 4.0
Iniciativa do Clúster de Alimentación de Galicia, en colaboración co centro tecnolóxico CECOPESCA e no que participaron outras empresas galegas do sector lácteo e hortofrutícola, ten por obxectivo avanzar no uso intelixente da información dirixida para contribuir a mellorar a competitividade, sostibilidade e a innovación na cadea de valor dos alimentos e bebidas. Convocado polo Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020RETMAVID
VINYSOST
ALBAROMA
2015-2018
Aplicación de novas tecnoloxías para a monitorización e prolongación do tempo de produción do viñedo e o desenvolvemento de novos produtos e estratexias para o manexo integral de enfermidades de madeira de vide
O obxectivo de Retmavid é minimizar a incidencia de enfermidades de madeira de vig e prolongar o tempo de produción do viñedo, mediante novas tecnoloxías e produtos. Trátase dun proxecto que reúne tamén a outras dúas grandes bodegas nacionais e a diversos centros tecnolóxicos. Conta cun orzamento próximo ao millón de euros para a súa execución, para o que recibiu unha axuda do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO) de case 732.000 € no marco da convocatoria Retos Colaboración 2015 do Programa Estatal de I+D+i orientado aos retos da Sociedade.2014-2018
Novas estratexias vitivinícolas para a xestión sostible da produción en grandes superficies e o incremento da competitividade das bodegas no mercado sostible
Proxecto consorciado que pretende dar resposta aos principais retos do sector vitivinícola, apostando pola produción sostible en grandes superficies para aumentar a competitividade dos nosos viños a nivel nacional e internacional. Conta cun orzamento de 7.45 millóns de euros, dos cales un 69% está financiado pola Unión Europea a través dos Fondos Feder. Así mesmo conta tamén co apoio financieiro do CDTI. Naceu no seo da Plataforma Tecnolóxica do Viño de España e involucra a algunhas das bodegas e empresas do sector máis importantes do noso país.2013-2015
Participan EVEGA, UCLM, Laboratorios Excell Ibérica e Lev 2050. Financiado parcialmente cos Fondos Europeos FEADER.
O obxecto do estudo foi a revelación dos aromas varietais do albariño para aumentar ese carácter que identifica e fai únicos aos nosos viños. O método empregado foi a selección de parcelas representativas vendimadas en diferentes períodos. Un total de 42 microvinificacións de 150 litros foron analizadas, o que permitiu determinar un método de maceración co que revelar unha maior cantidade de precursores aromáticos e saber como afecta ao estado de maduración da uva.INNTERGALENO
AROMAS DO ALBARIÑO NO VAL DO SALNÉS, O CONDADO E O ROSAL
VIGORES
2012-2015
“Mellora do Potencial Vitivinícola de Variedades Galegas. Optimización Agronómica e Efecto do Microclima na Incidencia de Enfermidades Fúnxicas”.
Inntergaleno, un dos proxectos máis transcendentais para a viticultura e a enoloxía galegas dos últimos anos, contou co financiamento de máis de 3 M€, dos que 1,6M€ foron achegados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) adscrito ao Ministerio de Economía e Competitividade. A iniciativa partiu da Plataforma Tecnolóxica do Viño coa participación dun consorcio de empresas creado en 2012 no que se agruparon ata seis bodegas de catro denominacións de orixe galegas. O proxecto centrouse en dar valor a variedades galegas autóctonas, elaborando novos tipos de viño que expresasen o potencial de uvas como a castañal, as caíños tinta e branca, albariño, loureiro, treixadura, mencía ou merenzao. O estudo tamén se centrou en optimizar os procesos de produción para levar a cabo unha viticultura respectuosa co entorno, ademáis de aforrar custes de elaboración.2012
Investigación das diferenzas da uva albariño cultivada en tres subzonas de Rías Baixas: O Condado, O Rosal e o Val do Salnés
Para o estudo elixíronse tres parcelas experimentais e representativas de cada subzona. Os ensaios non só permitiron contrastar as diferenzas xeográficas e de orografía senón tamén as climáticas. O resultado foron viños cun perfil común pero, á súa vez, con diferenzas moi evidentes que mostran a riqueza dos viños Rías Baixas, fieles ao seu terroir. O estudo destacou ademáis o potencial de cada subzona que xustifica a aplicación de prácticas vitícolas e itinerarios enolóxicos adecuados para ensalzar estas diferenzas sensoriais.2012
A influenza do vigor do viñedo no potencial aromático da uva albariño.
O estudo analizou o vigor do viñedo e as prácticas vitícolas como factor de influenza no potencial aromático da uva albariño, valéndose de ferramentas como a teledetección e a viticultura de precisión para manexar a variabilidade do minifundio. Establecéronse índices de vexetación para a agrupación de viñedos en catro categorías de menor a maior vigor e serviuse de satélites e voos tripulados e non tripulados para o estudo das parcelas. Os viños elaborados finalmente con cada vigor tiñan perfís moi diferenciados, evidenciando que o manexo do viñedo inflúe directamente no perfil aromático da uva.VIÑAS ATLÁNTICAS
CENIT DEMETER
Porta-Enxertos
2010-2011
Viñas Atlánticas: Proxecto promovido pola Deputación de Pontevedra
Participaron no mesmo, Bodegas Martín Códax xunto con outras dúas cooperativas arousás. O proxecto consistiu na implantación dunha rede de sensores na comarca do Salnés para obter datos meteorolóxicos que permiten dar información sobre o estado das pragas.
A información obtida serve como ferramenta para reducir o uso de tratamentos e produtos químicos na produción de viños. O obxectivo principal foi crear un sistema de xestión medioambiental que contribúe ao desenvolvemento sostible na actividade vitivinícola a través das seguintes liñas de traballo:
- Protección da biodiversidade
- Redución de emisións de carbono
- Explotación sostible
2008-2011
Cenit Demeter. Estudo do comportamento do viñedo fronte ao cambio climático
Tratouse dunha investigación de carácter estratéxico, multidisciplinar e interrexional no campo de la vitivinicultura a nivel nacional. O coñecemento merado permitiu aplicar novas tecnoloxías para mellorar a eficiencia dos procesos de traballo. Bodegas Martín Códax realizou o estudo comprobando diferentes factores:- Uso de diferentes sistemas de condución.
- Uso de diferentes patróns.
- Diferentes estratexias no uso da agua para mitigar o efecto do cambio climático.
- Diferentes estratexias de cultivo orientadas ao manexo do viñedo.