É case xa unha cita ineludible para os centos de peregrinos que comparten as súas vivencias en 1000Camiños. En febreiro fixéronse públicos os gañadores deste concurso sobre o Camiño de Santiago nun acto na capital galega. Agora estes tres afortunados continuarán a súa aventura por Francia, Alemaña e Italia.
Máis de 6.000 participacións e preto de 750.000 visitas á web ao longo dos seus anos de existencia, fixeron que a sexta edición fose na que os concursantes puxeron maiores expectativas.
O veredicto fíxose esperar un pouco pero, finalmente, o xurado composto por Anxo Manuel Lorenzo (en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), José Ferrín (Axencia Galega de Noticias), Ignacio Sánchez (Galiciaé), Manuel González (Asociación da Prensa da Coruña) e José Martínez Chantada (Bodegas Martín Códax) , resolveu que os gañadores fosen os seguintes:
Mellor Fotografía: Camiño de Sentimentos, de Manuel Branco Suárez
Mellor Guía Secreta: Ponte Romana, de Manuel Vidal Torrado
Mellor relato: O raio verde, de Alexandre Pereira
En primavera, sairá a nova edición, a sétima, con algunha novidade e con vontade de seguir sendo un punto de encontro de peregrinos e amantes do Camiño de Santiago. Se es un deles, non perdas a oportunidade!