A quinta edición de 1000caminos, o concurso online sobre o Camiño de Santiago organizado pola bodega, xa coñece aos seus gañadores finais.
O xurado, formado por Bieito Pérez, director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela; Manuel González Menéndez, xornalista e presidente da Asociación da prensa da Coruña; Pepe Ferrín, fotógrafo da Axencia Galega de Noticias; Jose Manuel Garcia, xornalista de Radio e Televisión de Galicia e director do programa “Come e fala” e o presidente da bodega, José Martínez Chantada, decidiu que os premios recaeran sobre os seguintes autores e obras:
- Mellor fotografía: Jose Juan Torres por “Un amanecer”
- Mellor guía secreta: Manuel Felipe Trujillo por “Cementerio”
- Mellor relato: Sandra Monteverde por “El gnomo del Camino”
A entrega de premios celebrouse o pasado 13 de febreiro na Casa do Deán de Santiago de Compostela. Os gañadores gozarán agora de viaxes a Italia, Francia e Alemania, onde poderán percorrer as rúas das súas coñecidas ciudades e vivir unha xornada de enoturismo nalgunhas das zonas vinícolas máis populares de Europa.
No acto de entrega, Martínez Chantada, agradeceu á comunidade de peregrinos o seu apoio ao longo destas cinco edicións, nas que se recibiron preto de 500.000 visitas á web e participaron máis de 4000 traballos, e anunciou que a sexta edición traerá importantes novidades.