Coincidindo co Día Internacional da Muller, a galería de arte de Santiago de Compostela El Taller, presenta a exposición de M. Abente, 13.
En 13, o autor quixo unir as súas dúas paixóns: a ópera e o cartel. O fío condutor: a muller como exemplo de loita e valentía. Unha homenaxe a todas esas mulleres, que, segundo o autor, “aínda sendo abatidas xamais serán derrotadas. Mulleres abocadas á morte como consecuencia de pecados que nunca cometeron. Mulleres que se converteron en heroínas cheas de valor e forza, pero sobre todo en loitadoras”.
A mostra, acolle así unha selección de obras de técnicas mixtas nas que Abente ofrece a súa visión sobre o tema a través de representacións de personaxes femininos maltratados en distintas óperas.
Estará aberta ao público dende o 8 de marzo ata o 5 de abril.