O final de Os Xoves de Códax sempre chega cun sabor agridoce. Os últimos concertos poñen fin ao ciclo de música e tamén ao verán. Pero, co seu fin tamén chega un dos momentos máis gratificantes: o da entrega dos beneficios recadados coa venda de entradas a diferentes asociacións benéficas.
Os resultados non podían ser mellores. Co aforamento completo cada concerto, púidose recadar o importe máximo posible para cada entidade. En total foron algo máis de 15.000 euros os que foron a parar a mans das asociacións que nos acompañaron en cada espectáculo: Fundación Amigos de Galicia, Esperanza Salnés, Asociación Arela, Cogami, Asperga, Cáritas, Fundación Amigos de los Mayores e Fundación Andrea.
Achegas que, grazas á xenerosidade de cada asistente que o fixo posible, servirán para apoiar os diferentes labores que levan a cabo estas organizacións.
O equipo de bodega non se pode sentir máis orgulloso. Non só polos beneficios recadados nesta quinta edición, se non porque desde que comezou esta iniciativa repartíronse máis de 38.000 euros a un total de 16 entidades. E, o que queda…