Xa queda menos para coñecer aos nomeados aos Premios Martín Códax dá Música! Este domingo pechábase o período de inscricións cun total de 441 proxectos presentados en diferentes categorías, mostrando unha vez máis a diversidade e calidade da música en Galicia.
Nesta sexta edición presentáronse un total de 388 proxectos musicais, 11 salas, 27 festivais e 15 espazos de comunicación musical. Tras pecharse o período de inscrición, este luns daba comezo a votación dos socios de Músicas ao Vivo, da que sairán os nomeados en cada categoría, que se coñecerán na Festa de Nomeados que celebraremos o próximo 24 de abril na bodega.
Tras darse a coñecer os finalistas por categoría será a quenda da votación do xurado integrado por músicos/as e profesionais do sector que serán quen decida que proxectos son os premiados nesta edición. Os gañadores coñeceranse na Gala dos Premios Martín Códax da Música, que terá lugar o 8 de maio no Pazo dá Cultura de Pontevedra.
Queres coñecer todas as novidades sobre esta edición?
Consulta a web www.premiosmartincodaxdamusica.com!
Boa tarde,
Estou moi interesada en poder asistir á gala dos premios Martín Códax da Música o 8 de maio, como podo conseguir pases?
Agardo a súa resposta.
Un saúdo
Eva Piñeiro
Ola Eva. Lamentablemente a gala do 8 de maio non está aberta ao público polo que non é posible conseguir entradas para asistir. Sentímolo. Un saúdo.
Uma das milhores iniciativas pra reconhezer a qualidade e quantidade da música feita na Galiza e em Galego. Parabéns!!
Mitas grazas!