Levamos nome de trobador e poeta e por iso o noso apoio á poesía galega foi dende sempre unha máxima para nós.
De novo acompañamos á literatura galega, esta vez na presentación da obra “Antoloxías poéticas do sentimentalismo – Vangarda Artística Galega“, editada por Xavier Lama e Branca Novoneyra que tivo lugar o pasado 28 de xaneiro no espazo artístico Bus Station Space de Santiago de Compostela.
A obra, pon punto e final a unha triloxía, escrita por diferentes autores que, representando cada un as diferentes correntes da lírica galega, teñen como nexo de unión o movemento sentimentalista. Novos nomes e autores xa consagrados, como Berta Dávila, Cristina Ferreiro, Xurxo Martínez González, Celia Parra, Elías Portela, Ismael Ramos ou Helena Salgueiro participan neste último libro da literatura de Galicia