Aprende e goza catando: A Cata

20 de Decembro de 2011

O mundo do viño ao alcance de todos.

O mundo do viño ao alcance de todos.

A miúdo encontrámonos con que o mundo do viño intimida a moita xente. Nós propuxémonos rematar con esta tendencia e descubrirvos un mundo que é moito máis doado do que parece a simple vista. Por iso, creamos este minicurso online, onde a través de varios artigos iremos analizando varios aspectos do viño e da cata, para que a próxima vez que vos enfrontedes a un novo viño, non teña segredos para vós. Estades preparados?
 

A Cata:
A cata é a práctica esencial para o coñecemento dos viños. Catar un viño é envorcar os sentidos co fin de emitir un xuízo sobre as sensacións que nos transmite.
Trátase de someter un viño aos nosos sentidos para chegar a coñecer as súas características, positivas e negativas, co fin de expresalas e identificalas. Polo tanto, o obxectivo non é máis que analizar as sensacións que nos produce ao degustalo. Por iso, a pesar das aparencias, catar é algo sinxelo.
Non se trata dunha área reservada só para expertos sumilleres, enólogos e iniciados na materia, se non que nós mesmos, nas nosas propias casas, podemos aproveitar cada botella de viño que abrimos e gozalo dun xeito diferente, con todos os sentidos ben espertos para captar todas as sensacións que o propio viño nos vai transmitir.
Como vedes, o coñecemento do viño non é un privilexio só ao alcance duns poucos senón que calquera coas suficientes ganas pode facelo, xa que simplemente se trata de seguir determinados pasos para lograr o obxectivo desexado e que a experiencia sexa proveitosa.
Agora que xa nos iniciamos, no próximo artigo falaremos dos diferentes tipos de cata que existen. Sabedes o que é unha cata vertical? E unha horizontal? Descubrídeo no próximo artigo de Aprender e Disfrutar catando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario