Un dos mellores momentos diante dun viño é o de probalo. Imos ver como intervén o gusto na cata dun viño.
Como moitos sabedes, as papilas gustativas son os órganos que captan os sabores que son soamente catro: doce, ácido, salgado e amargo. Estes catro sabores van estar presentes en calquera viño en maior ou menor intensidade. O seu equilibrio determinará a súa virtude.
No momento da cata, a boca quenta o viño, de modo que os aromas se desprenden e estimulan o centro gustativo. Grazas a isto, poderemos apreciar os diferentes sabores, dos máis doces, pasando polos ácidos e por último, os amargos.
Unha vez inxerido o viño, este déixanos unhas sensacións que son o que se denomina retrogusto. O tempo que permanecen esas sensacións na boca, é a persistencia.
Por suposto, hai persoas que son capaces de captar máis sabores que outras xa que o noso albor da percepción varía sensiblemente. Así que se ao principio non percibides moitos sabores, non vos desanimedes. Practicando apréndese.