Tras varios post, descubrindo a cultura do viño e o momento da cata, pouco máis quédanos por dicir. O importante agora é practicar.
Pero antes de que vos poñades mans á obra, gustaríanos facervos algunhas recomendacións que vos permitirán gozar da cata ao máximo e potenciar toda a esencia do viño que esteades a degustar.
- Servir o viño a temperatura axeitada
- Utilizar catador de viños homologado
- Encher un terzo da copa
- Suxeitar a copa polo pé para non aumentar a súa temperatura e evitar os aromas da man
- Levar a copa á altura da cintura para observar a superficie do viño e a capa
- Alzar a copa a ao altura dos ollos para observar os aromas primarios
- Axitar fortemente e ulir de novo para detectar os aromas secundarios
- Deixar repousar e volver achegar o nariz para percibir os aromas terciarios
- Inxerir unha pequena cantidade de líquido, levalo lentamente ao final da boca e repartilo por todas as papilas da lingua
- Tomar un pouco de aire para potenciar o aroma
- Poñer atención á vía retronasal
- Chuspir o viño
Las recomendaciones sobre Catas de vino son geniales ¡Este sector es todo un arte!