Neste novo post de Aprende e goza cantando, hoxe ensinaremos unha das etapas da degustación que é a que corresponde á vista.
Trátase dun sentido que determina tres aspectos oculares do viño: a súa intensidade, a súa vivacidade e a súa tonalidade. Estes tres factores vannos falar moito do viño que estamos a catar e vannos orientar sobre a madureza, o tipo de uva ou o grao alcohólico que contén entre outras cousas.
En primeiro lugar, vendo un viño podemos definir a intensidade da súa cor. Definirémolo así como pálido, intenso, escuro…. Nos viños brancos, como é o caso de Martín Códax, a presenza de maior cor relaciónase coa súa madureza. Nos tintos reflectiría a xuventude do viño.
Por outra parte cando falamos do brillo do viño, en realidade estámonos a referir á súa vivacidade. Os viños poden ser vivos, apagados, brillantes ou mate.
Un último aspecto a ver no viño é a súa tonalidade. Hai amplos espectros: amarelo limón, amarelo palloso, amarelo verdoso, dourado, salmón, rubí… Como dixemos antes a cor do viño e a intensidade deste, fálannos da idade do viño.
Por último, relacionados co sentido da vista hai dous conceptos aos que adoitamos recorrer moito nunha cata: a bágoa e a capa.
Cando axitamos unha copa, o líquido sobe polas paredes e cae en forma de gota. Estas gotas son as bágoas e son un indicativo do grao alcohólico. Canto máis abundantes sexan, maior é o grao alcohólico. A súa velocidade de caída indica se o viño é glicérico ou non.
A capa é a franxa que observamos cando inclinamos a copa entre o bordo do líquido e a liña onde a cor perde intensidade. Canto máis ancha sexa, máis idade terá o viño.
Despois destes consejillos, que mellor que practicar nunha cata real. Elixide dous ou tres viños e a ver que vos di a vista.
No próximo post de Aprende e Disfruta catando, aprenderemos a usar o olfacto. Descubriremos algún nariz de ouro entre vós?
Aprende e goza catando: A Vista
17 de Xaneiro de 2012
O mundo do vino ao alcance de todos.
O mundo do vino ao alcance de todos.
Deixa unha resposta
Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario