Aposta pola intelixencia artificial contra as enfermidades da vide

23 de Outubro de 2019

Bodegas Martín participa no proxecto de I+D Globalviti que aposta polas novas tecnoloxías dixitais, para paliar os efectos do cambio climático.

Bodegas Martín participa no proxecto de I+D Globalviti que aposta polas novas tecnoloxías dixitais, para paliar os efectos do cambio climático.

GLOBALVITI 5

Bodegas Martín Códax participa no proxecto de I+D Globalviti que está a desenvolver unha plataforma dixital que permita avaliar (de forma continua nas explotacións vitícolas) o estado sanitario de cada unha das plantas de vide.

Neste momento esta revisión anual dos viñedos é un labor manual, rutineira e custosa para as adegas e os viticultores, que se debe realizar para marcar as plantas mortas ou enfermas. Esta plataforma integraría tecnoloxías de intelixencia artificial e un algoritmo, para diagnosticar o estado sanitario do material vexetal, en función das imaxes fotográficas captadas para a súa clasificación, sempre de forma xeoreferenciada.

Esta iniciativa multidisciplinar aposta polo aproveitamento das novas tecnoloxías dixitais para achar novas alternativas e solucións a algúns dos problemas máis importantes causados polos efectos do cambio climático nos viñedos nacionais, como son as enfermidades da madeira e a necesidade de desenvolver novas estratexias de xestión do viñedo para paliar os prexuízos causados por estas patoloxías.

Seguintes pasos e outros avances

Nesta fase final do proxecto, que culminará en xullo de 2020, contémplase unha laboriosa tarefa para a calibración do sistema, a cal contará cunha base de datos real de máis de 30.000 fotografías procedentes dos viñedos das adegas participantes. Estas imaxes de cada planta de vide van ser previamente clasificadas por investigadores expertos, desde o punto de vista do seu estado sanitario (plantas enfermas, mortas ou sas).

A partir desta clasificación, se “ensinará” ao sistema a revisar e clasificar, de forma automática, o estado de cada planta de vide en función das imaxes tomadas e sen necesidade da presenza in situ dun experto. Sen dúbida, esta nova plataforma dixital constituirá unha importante novidade tecnolóxica para o sector, así como unha alternativa real e económica para os produtores.

Por outra banda, Globalviti está a permitir desenvolver novos equipos e tecnoloxías, a nivel prototipo, para o seu uso en viticultura. Por exemplo, destaca un novo sistema intelixente para a aplicación de fitosanitarios en viñedo, que incorpora solucións innovadoras para mellorar a eficiencia dos tratamentos. Este prototipo validouse nos viñedos de dúas das adegas do consorcio, mostrado unha alta homoxeneidade nas aplicacións. A súa eficiencia final contrastarase coa análise de resultados en campo durante a última anualidade do proxecto, así como con outros sistemas atomizadores xa en uso.

Acerca de Globalviti:

Globalviti é un proxecto consorciado de investigación industrial e desenvolvemento experimental que pretende mellorar a produción vitivinícola fronte ao cambio climático, a través dunha solución global baseada na robótica, nas tecnoloxías IT, en estratexias biotecnolóxicas e do manexo do viñedo.

O consorcio de Globalviti compóñeno oito empresas: Familia Torres (líder do proxecto), Adegas Martín Códax, Pago de Carraovejas, Juvé&Camps, Pellenc Ibérica, Viveiros Villanueva Vides, Grupo Hispatec I. E. e Adegas Ramón Bilbao, xunto a trece organismos de investigación de referencia nacional.

O proxecto dispón dun orzamento global de 8,8 millóns de euros, conta co apoio financeiro do programa CEN (Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional) do CDTI e desenvolverase entre agosto de 2016 xullo de 2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario