Para participar en 1000Caminos, fai click aquí
Tras o éxito obtido co concurso 1000caminos que recibiu en anteriores edicións ao redor de 600.000 visitas, preto de 6.000 participacións e repartido máis de 500 premios, arranca agora a sétima edición deste concurso do Camino de Santiago.
1000Caminos nacía en 2010 con motivo do ano Xacobeo, do que Martín Códax foi viño oficial, e co obxectivo de fomentar o Camiño de Santiago. Tras estas seis edicións, o obxectivo de que se convertese nun punto de encontro para peregrinos e amantes do Camiño onde poder compartir as súas experiencias e interactuar xa cumpriuse. Así mesmo, calquera peregrino que estea a planear o seu camiño pode encontrar en 1000Caminos os consellos doutros camiñantes.
O concurso, como no resto de edicións, divídese en tres categorías: fotos, relatos e lugares secretos. Mensualmente haberá tres gañadores por categoría que recibirán diferentes paquetes de viño Martín Códax, o caderno do Peregrino, unha pequena axenda cos datos imprescindibles para calquera camiñante e un bono enoturístico para visitar as instalacións da adega e os seus viñedos. Os gañadores destes premios, máis de 80 nesta edición, serán elixidos a través de votación popular. Serán gañadores os concursantes que reciban máis votos e, á súa vez, alcancen unha maior puntuación.
Ao finalizar o concurso haberá ademais tres gañadores finais, un por categoría. Estes serán elixidos por un xurado profesional que decidirá a que tres afortunados lles dá a oportunidade de realizar unha viaxe inesquecible que combina a grata experiencia de visitar unha capital europea con xornadas de enoturismo para descubrir as adegas máis emblemáticas.
Os premios, que nesta ocasión se manteñen, consisten nas seguintes viaxes de 6 días para dúas persoas:
– Concurso de fotografía: 3 días en Paris +3 días na Borgoña + visita a unha importante bodega da zona.
– Concurso de relatos: 3 días en Frankfurt +3 días en Mosel-Saar-Ruwer + visita a unha importante bodega da zona.
– Concurso de lugares secretos: 3 días en Venecia +3 días na Toscana+ visita a unha importante bodega da zona.
Se es un amante do Camiño, participa no noso concurso e continúa a aventura!