A edición dos Showcookings de Códax máis feminina de todas as celebradas ata o momento, arrancaba o pasado domingo, Día Europeo do Enoturismo, cunha das cociñeiras máis recoñecida de Galicia: Beatriz Sotelo.
Malia autodefinirse coma unha muller tímida, a súa soltura e espontaneidade lle valeron para meterse ao público no peto dende o primeiro intre e a súa cociña acabou por conquistalo.
A súa proposta para esta primeira xornada pasou polas seguintes maridaxes:
- Navallas, cítricos e paixón para harmonizar con Martín Códax 2015.
- Atún Atlántico, boletus e crema de apionabo para Martín Códax Lías 2013.
- Cigalas en dous servizos maridado con Organistrum 2013.
- Merluza, salsa verde de codium e lura fresca con Martín Códax Vindel 2012.
- Pan torrado de brioche Ace e xeado de iogur acompañando a Martín Códax Gallaecia 2011.
O resultado… amosámosvolo!