O primeiro día de este novo ano, a Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino (AEPEV) anunciaba os gañadores dos seus XIV Premios que recoñecen os Mellores Viños e Destilados de España do ano anterior, onde o albariño Martín Códax Lías 2020, foi galardoado como un dos tres Mellores Viños Brancos sen barrica de España do 2022.
É a sexta vez que este albariño é premiado: a colleita 2019 foi premiada na pasada edición; a colleita 2016 recibió o galardón en 2019, a colleita 2015 gañou o premio en 2017 e 2018; e a colleitra 2011 no ano 2014. Con esta distinción Bodegas Martín Códax suma nove anos sen interrupción recibindo a máxima distinción da AEPEV. Además de Martín Códax Lías, xa recibiron este galardón en anteriores ocasión outros dous viños da adega galega Martín Códax e Martín Códax Vindel, así como a Augardente Branco que na pasada edición alzouse como un dos tres Mellores Espirituosos de España do ano.
Martín Códax Lías foi recoñecido nunha votación a dobre volta polos asociados da AEPEV na XIV Edición de los Mejores Vinos y Espirituosos de España. Este ano, tiveron que decidir entre máis dun millar de referencias propostas na primeira fase do concurso, das cales pasaron á segunda volta un total de 150 viños e vermús e 15 espirituosos nos 15 capítulos que optaban.
Martín Códax Lías representa o mellor exemplo da evolución do albariño por si mesmo. Un viño de crianza sobre lías cunha gran complexidade aromática e elegancia, con potencial de evellecemento para continuar desenrolándose e evolucionando na botella, puidendo acadar todavía unha maior complexidade.