En plena campaña da vendima 2023, Bodegas Martín Códax recibe a primeira certificación creada por adegas e para adegas, específica para o sector do viño e que permite desmostrar a sustentabilidade da nosa organización dun xeito sólido e cuantificable a través dunha verificación externa. A certificación Sustainable Wineries for Climate Protection (SWfCP) é unha demostración rigurosa e medible da sostenibilidade alineada cos ODS que defínenos comouna adega medioambientalmente sostible, actuando en catro pilares fundamentáis: medioambiente, social, económico e de gobernanza.
Con este selo, a adega busca reflectir o seu compromiso coa sustentabilidade dunha forma cuantificable, sólida e crible, cun enfoque integral, entendendo esta en o seu sentido global, ademais do piar ambiental, que foi a orixe do certificado “Wineries for Climate Protection” creado no 2015. Esta nova versión 2023 é moito máis esixente, xa que se avalían, ademais, aspectos de sustentabilidade social, económica e de gobernanza. Un valor diferencial que permite dar resposta ás demandas máis esixentes dos consumidores e poñer en valor o compromiso e os esforzos da adega polo desenvolvemento sostible.
En palabras do director xeral, Juan Vázquez “a sustentabilidade está presente no ADN e no día a día da nosa adega” Engade: “para nós é un gran orgullo este recoñecemento porque certifica o noso traballo e compromiso, desde os traballos que realizan os nosos viticultores ata o produto final que reciben os consumidores”.
A certificación Sustainable Wineries for Climate Protection está baseada nunha filosofía de mellora continua onde as adegas deben contar cun plan específico para cada área, cuxo desenvolvemento é verificado cada dous anos a través dunha auditoría externa por parte dalgunha das certificadoras acreditadas para iso.