Bodegas Martín Códax recadou máis de 150.000 euros nas oito edicións dos “Os Xoves de Códax”

13 de Setembro de 2019

Este ano entregáronse preto de 40.000 euros a diferentes asociacións.

Este ano entregáronse preto de 40.000 euros a diferentes asociacións.

_DSF8905_

Bodegas Martín Códax entregou esta mañá a recadación dos concertos incluídos na oitava edición do ciclo musical solidario “Os Xoves de Códax” ás entidades beneficiarias dos mesmos. Este ano o ciclo, que reúne a artistas galegos e de todo o mundo en espectáculos de fusión cultural e musical, contou con sete concertos abertos ao público, así como un oitavo exclusivo para socios da adega e pechado ao público, pero tamén de carácter solidario.

Cáritas Arousa, Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG), Asociación Familias Azuis, Asociación Juan XXIII, Fundación Meniños, Asociación Española da Enfermidade de Behçet, ACCEM e Aldeas Infantís SOS Galicia foron as organizacións escollidas pola adega, para facer entrega da venda das entradas aos concertos.

O presidente de Bodegas Martín Códax, Xoán Allegue, agradeceu a expectación, acollida e éxito do ciclo musical solidario entre o público e destacou que “un ano máis con esta e outras actividades da adega intentamos reflectir o noso compromiso coa sociedade galega e a nosa aposta pola vinculación co territorio. O noso carácter de cooperativa queda plasmado en cada un dos pasos que damos. A colaboración é e será fundamental de cara a facer unha empresa, e un país de paso, máis rico e produtivo. Esa é a filosofía de Bodegas Martín Códax, conformada por familias. O mesmo espírito que rexe ás asociacións aquí presentes, que fan o mundo mellor”.

Os representantes das asociacións tamén aproveitaron para dedicar unhas palabras de agradecemento á adega por esta iniciativa e, especialmente, á solidariedade de todo o público de “Os Xoves de Códax”, que lles permitirán levar a cabo diferentes proxectos destinados a axudar á colectivos en risco de exclusión ou con necesidades especiais.

Cos concertos celebrados ao longo deste verán, a adega entregou preto de 40.000 euros. En cifras xerais, a cantidade total recadada e doada ao longo das oito edicións supera os 150.000 euros, repartidos entre diferentes asociacións solidarias da zona.

Ao acto asistiron Francisco Fernández Rodríguez, director de Cáritas Arousa; Eugenia Amoedo Lusquiños, tesorera de ASANOG; Diana Bernardez Codesada, tesorera de Familias Azuis; Maria Carmen Puga Pereiro, vicepresidenta da Asociación Juan XXIII; Roberto Antón Santiago, Coordinador do Programa de Atención Familiar da Fundación Meniños; Manuela Lopez Gómez, presidenta da Asociación Española da Enfermidade de Behçet; Cristina Ucieda Tena, responsable provincial de ACCEM, na Coruña; e Manuel Thomas Carranza del Pozo, director de Captación de Fondos de Aldeas Infantís SOS Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario