Bodegas Martín Códax inaugura a exposición “Fragmentos de Onte” en Lugo
03 de Outubro de 2023
Con motivo da Edición Especial do seu albariño Martín Códax, unha colección de seis botellas únicas e diferentes co legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson que afonda na vida do pobo galego Dende o 3 de outubro ao 7 de novembro poderá visitarse na Capela de Santa María en Lugo, despois de expoñerse en Vigo e, recentemente, en Santiago, onde a visitaron máis de 15.000 persoas en apenas dous meses
Con motivo da Edición Especial do seu albariño Martín Códax, unha colección de seis botellas únicas e diferentes co legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson que afonda na vida do pobo galego Dende o 3 de outubro ao 7 de novembro poderá visitarse na Capela de Santa María en Lugo, despois de expoñerse en Vigo e, recentemente, en Santiago, onde a visitaron máis de 15.000 persoas en apenas dous meses
Despois do éxito de visitas en Vigo e Santiago de Compostela, onde recibiu máis de 15.000 persoas en apenas dous meses, Bodegas Martín Códax inaugura na cidade de Lugo a Exposición Fragmentos de Onte, con motivo da Edición Especial do seu albariño. Unha selección do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson que afonda na vida dun pobo grazas ós relatos visuais que realizou entre os anos 1924 e 1926. Fragmentos de vida feminina, da beleza do cotiá e do bo facer apostando polo noso. Unha pequena gran homenaxe á tradición e á nosa orixe.
Na Exposición Fragmentos de Onte, en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas e que permanecerá aberta na Capela de Santa María dende o 3 de outubro e ata o 7 de novembro, poderase ver unha mostra significatica do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson. A Exposición é unha escolma de máis de 60 traxes, froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación sobre a viaxe e o libro da fotógrafa americana que recolle o traballo froito das expedición que fixo a Galicia entre 1924 e 1926. Trátase dun rigoroso traballo de investigación co que se pretende reproducir, ante os ollos do visitante, o que viu Ruth Matilda cando chegou a Galicia da maneira máis exacta posible. O espectador poderá amosar preto de mil pezas de roupa (unha gran porcentaxe delas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos) e tamén aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais da época. Unha viaxe no tempo, cen anos atrás, onde recuperar os vellos oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, os traballos no mar e no campo… En definitiva, toda a nosa cultura popular, a través das fotografías da americana.
A Exposición na Capela de Santa María (Ronda da Muralla, 140), que permanecerá aberta ata o 7 de novembro, terá un horario de luns a domingo (festivos incluidos) de 11:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Ademais, todos os sábado ás 12:00 horas haberá visitas guiadas da man de Sete Espadelas, comisarios da Exposición. As entradas, de balde, deberán reservarse previamente na web da Adega.
Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario