Bodegas Martín Códax premia aos viticultores máis sostibles

07 de Marzo de 2022

Este recoñecemento anual ten por obxectivo fomentar as prácticas sostibles e dar visibilidade ao desempeño que desenvolven neste ámbito os viticultores

Este recoñecemento anual ten por obxectivo fomentar as prácticas sostibles e dar visibilidade ao desempeño que desenvolven neste ámbito os viticultores

IMG_9506

Un ano máis, a nosa adega puxo en valor o labor dos viticultores máis destacados da súa cooperativa durante a última vendima mediante un recoñecemento celebrado este venres na sede da adega que busca fomentar, apoiar e dar visibilidade á cada vez maior sensibilización dos viticultores respecto á sustentabilidade; premiando así as boas prácticas na xestión responsable co medioambiente da súas explotacións.

Así, o departamento técnico de viticultura da adega avalado polo Consello Reitor da cooperativa, selecciona cada ano aos viticultores máis destacados durante a última vendima grazas ás súas boas prácticas no coidado das viñas e explotación das mesmas. Os galardóns entréganse a aqueles que desenvolven a xestión máis sostible e respectuosa co medioambiente, respondendo así a un dos piares estratéxicos de Bodegas Martín Códax: a sustentabilidade.

Para iso, téñense en conta aqueles que acadan a excelencia mediante un mellor e máis sostible uso dos fitosanitarios, aplicando menos tratamentos deste tipo. Esta busca de alternativas sostibles tradúcese nun menor impacto no medioambiente ao tempo que se reduce a pegada de carbono.

IMG_9473

 

Durante o acto a porta pechada celebrado na nosa terraza, déronse a coñecer os viticultores galardoados: Hermanas Cacabelos Baulo CB (Margarita Cacabelos Baúlo e Mª Flora Cacabelos Baúlo), Beatriz Martinez Sancho e Soledad Barreiro Vilas en representación da cal acodeu Julio Cores Sineiro para recibir o recoñecemento. Como novidade este ano, fíxose un recoñecemento especial á innovación que recaeu en Os Viñas CB encabezado por Rafael Castro Fontán, pola súa iniciativa de implantar técnicas de ozono utilizadas na industria alimentaria ao coidado das viñas co fin de controlar e combater plagas.

Membros do Consello Reitor asistentes comunicaron a súa “satisfacción polo compromiso amosado por tódolos socios da cooperativa coa produción sostible,  xa que esta é a clave para poder garantir un futuro ás nosas explotacións e ás das próximas xeracións”. Ademais, aproveitaron tamén para dar os parabéns aos viticultores premiados por seren un referente e unha mostra do compromiso colaborativo que rexe na adega. Todos eles recibiron un diploma conmemorativo e unha botella magnum personalizada de  Martín Códax Escumoso da man dos mebros do Consello Reitor Don Xoán Allegue, Presidente da cooperativa Bodegas Martín Códax e Don Jose Ramón Villanueva, secretario da cooperativa de Bodegas Martín Códax.

IMG_9476

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario