Bodegas Martín Códax presenta as súas novidades enoturísticas para a tempada estival
12 de Xuño de 2024
Un ano máis, as actividades da adega para a época estival baséanse na creación de experiencias inmersivas a través da gastronomía, os viños singulares e a música. A oferta enoturística da adega para este ano, ademais de incluír as actividades xa coñecidas como As Tardes do Atlántico e Os Xóves de Códax, estreará unha singular cata musical. A Terraza e o Wine Bar da adega, abertos sen necesidade de reserva previa, serán o punto de encontro para os visitantes do Salnés durante todo o verán.
Un ano máis, as actividades da adega para a época estival baséanse na creación de experiencias inmersivas a través da gastronomía, os viños singulares e a música. A oferta enoturística da adega para este ano, ademais de incluír as actividades xa coñecidas como As Tardes do Atlántico e Os Xóves de Códax, estreará unha singular cata musical. A Terraza e o Wine Bar da adega, abertos sen necesidade de reserva previa, serán o punto de encontro para os visitantes do Salnés durante todo o verán.
Arrinca a tempada estival en Bodegas Martín Códax. Presentámosche a nosa programación de eventos para este verán, experiencias únicas caracterizadas polo seu marcado carácter Atlántico e a súa vinculación á gastronomía de vangarda, a música e, por suposto, aos nosos albariños cultivados e elaborados O Salnés.
Este ano, celebramos a XI edición de Os Xóves de Códax, o cal anunciará o seu cartel o próximo 20 de xuño. Esta programación inclúe unha emocionante serie de 5 concertos que se levarán a cabo cada xoves desde o 11 de xullo ata o 8 de agosto, ás 20:30. Os asistentes poderán gozar dunha experiencia musical única na terraza de Martín Códax, con fantásticas vistas aos solpores sobre a Ría de Arousa, acompañada dos viños da adega.
Volven un ano máis As Tardes do Atlántico unha desenfadada iniciativa culinaria co albariño como co-protagonista e especialmente arraigada co territorio, que busca poñer en sintonía aos cociñeiros participantes co marco Atlántico da adega. Todos eles seleccionados pola súa contribución ao prestixio da vangarda gastronómica galega actual. A maridaxe perfecta coa que acompañar os diferentes viños da adega.
Ademais, como novidade, para inaugurar a tempada, o próximo 21 de xuño celebraremos na terraza da adega unha cata musical da man do recoñecido xornalista musical, Carlos Crespo, na que os asistentes poderán comprobar como o viño e a música poden crear unha perfecta maridaxe e, sobre todo, recordos inesquecibles.
AS TARDES DO ATLÁNTICO: as novas xeracións da cociña galega
Un ano máis, As Tardes do Atlántico volverán ofrecer unha experiencia gastronómica única e auténticamente atlántica na Terraza de Bodegas Martín Códax.
Esta edición contará coa participación de nove destacados cociñeiros provintes de diversas zonas de Galicia, quenes deleitarán aos asistentes coas súas innovadoras creacións culinarias, nas que os protagonistas son o produto local e os nosos albariños.
A nova tempada de As Tardes do Atlántico comezará o 26 de xuño ás 20:00 horas e continuará cada mércores de xullo e agosto. Os asistentes terán a oportunidade de gozar da alta calidade dos produtos locais, reinventados a través de elaboracións modernas pero moi arraigadas na nosa gastronomía e no produto de tempada. Cada cociñeiro presentará tres propostas gastronómicas únicas que serán maridadas cos diferentes viños de Bodegas Martín Códax.
Esta experiencia enoturística, con prezo de 35 euros por persoa, terá aforo limitado, polo que para asistir será necesario adquirir as entradas previamente na web www.tienda.martincodax.com. Nesta nova edición, as entradas estarán dispoñibles semanalmente, cada xoves ás 12:00 horas poderanse adquirir as entradas para o evento da semana seguinte, arrincando a primeira venda o xoves 20 de xuño.
As Tardes do Atlántico terá o seguinte calendario:
XUÑO E XULLO
26 de xuño – Martín Vázquez – Restaurante Indómito
3 de xullo – Inma López – Restaurante Beldade
10 de xullo – Diego Negueruela – Restaurante Vilar64
17 de xullo – Antonio Novas – Restaurante Trasmallo
31 de xullo – Nacho Moreira – Restaurante La Esquina de Valentina
AGOSTO
7 de agosto – Alberte Gutierrez – Restaurante Alberte
14 de agosto – Alba Aguiar e Alex Falcón – Restaurante D´Leira
21 de agosto – Jose Luis Prieto – Restaurante O Segredo
30 de agosto – Elena Garmendia – Restaurante La Carpintería
CATA MUSICAL: catando cos 5 sentidos
Este ano arrincamos a tempada cunha singular cata musical que terá lugar o próximo 21 de xuño na terraza da adega. Da man do recoñecido xornalista musical, Carlos Crespo, os asistentes poderán gozar dunha cata sensorial na que o viño e a música crearán unha perfecta maridaxe e unha experiencia única e inolvidable.