Bodegas Martín Códax volve a avivar o espírito máis solidario grazas á boa música coa entrega da recadación da IX edición de “Os Xoves de Códax” ás ONG
09 de Setembro de 2022
Logo de dous anos de parada obrigada, o ciclo musical da adega cambadesa consegue reprender a chama ao longo de cinco concertos, cuxa recadación vai destinada a diferentes asociacións que traballan con colectivos en risco ou con necesidades especiais
Logo de dous anos de parada obrigada, o ciclo musical da adega cambadesa consegue reprender a chama ao longo de cinco concertos, cuxa recadación vai destinada a diferentes asociacións que traballan con colectivos en risco ou con necesidades especiais
Bodegas Martín Códax entregou esta mañá a venda dos concertos incluídos na novena edición do ciclo musical solidario “Os Xoves de Códax” a: Cáritas Arousa, APAMP, Lar Pro Saúde Mental, ARELA e Fundación Andrea.
O presidente de Bodegas Martín Códax, Xoan Allegue, agradeceu de xeito moi emotivo que á volta a normalidade nos eventos presenciais da adega fose con tantas gañas e máis neste por ser de carácter solidario. “A expectación, acollida e o éxito do ciclo musical “Os Xoves de Códax” entre artistas, público e entre nós mesmos da fe de que os que conformamos e participamos das accións deste proxecto intentamos reflectir o noso compromiso co sociedade galega. Hoxe reafirmamos a nosa aposta pola vinculación co territorio, coa nosa identidade e cos valores colaborativos”.
Allegue reflexionou sobre a filosofía de Bodegas Martín Códax e das entidades beneficiarias dos Xoves. “Somos un grupo de familias namoradas da nosa terra e da nosa cultura. Sempre falamos da singularidade das nosas elaboracións, pois hoxe falamos dun ciclo que fusiona músicas singulares, artistas diversos e singulares, pero cunha mesma intención e con un obxectivo común. O noso carácter colaborativo segue a ser fundamental no camiño que eliximos, día a día, e hoxe máis que nunca, logo do que vivimos. Esa particularidade é a que nos une ás asociacións aquí presentes que traballan na igualdade de oportunidades para todas as persoas e para que ninguén quede atrás. Xuntos, cooperando, medramos máis e mellor”, reafirmou.
“As singularidades de cada concerto conseguiron unir e representar a toda a comunidade reunida na nosa terraza para solidarizarnos cos colectivos que viven un maior risco de exclusión ou teñen necesidades especiais e por iso damos ás gracias ás miles de persoas que reprenderon esa chama en Bodegas Martín Códax nos concertos de Os Xoves de Códax”.
Os representantes das asociacións tamén aproveitaron para dedicar unhas palabras de agradecemento á adega por esta iniciativa e, especialmente, á solidariedade de todo o público de “Os Xoves de Códax”, que lles permitirán levar a cabo diferentes proxectos destinados a axudar á colectivos en risco de exclusión ou con necesidades especiais.
Cos concertos celebrados ao longo deste verán, a adega entregou máis de 35.000 euros. En cifras xerais, a cantidade total recadada e doada ao longo das nove edicións supera os 185.000 euros, repartidos entre diferentes asociacións solidarias da zona.
A volta de “Os Xoves de Códax” supón, ademais, continuar co apoio de Bodegas Martín Códax á cultura, á música e a todo o seu colectivo, os protagonistas indiscutibles deste ciclo musical, algo moi arraigado na traxectoria da nosa Adega.
Ao acto de entrega da recadación da IX edición de “Os Xoves de Códax” asistiron Mar Viqueira, presidenta de Cáritas Arousa; o presidente, Daniel Varela, e a xerente, Concepción Somoza, da Asociación de familias de persoas con parálise cerebral de Vigo (APAMP; Amelia Varela Artusio, directora da Fundación Lar Pro Saúde Mental; e o director de ARELA, Julio Barreiro González, e Amaya Castro, directora da Fundación Andrea.