Público e crítica seguen encomiando os nosos viños e o noso esforzo. Noticias como esta supoñen todo un orgullo para nós e dannos forza e enerxía para seguir traballando en prol da calidade.
Agora o noso albariño Burgáns foi incluído na lista dos “Best Buy 2015″ da publicación estadounidense The Wine Enthusiast, da que só forman parte un centenar de viños en todo o mundo.
Os críticos de The Wine Enthusiast elaboran esta lista anual tendo en conta a relación calidade-prezo dos viños, de entre máis de 19.500 referencias chegadas de rexións vinícolas dos cinco continentes. Nesta ocasión, a listaxe inclúe só 6 viños españois, entre eles Burgáns.
Trátase dunha noticia moi importante que reafirma a posición deste Rías Baixas como un dos principais viños no mercado norteamericano e como unha aposta segura para o consumidor.
The Wine Enthusiast Magazine, fundada en 1988 é unha das publicacións máis prestixiosas dos Estados Unidos e chegou a ser a revista especializada máis completa con contido relacionado exclusivamente co mundo do viño e os espirituosos e con centos de críticas en cada número.
Me gustaría saber el precio de este vino. Yo consumí el mismo, pero de 2013, y me gustó muchísimo.
Hola Nico,
El PVP de Burgáns en España es de 11€. Cualquier otra duda, consúltanos.