Burgáns distinguido polo xurado dos VII Premios Monovino co “Gran Ouro”

17 de Febreiro de 2020

Este albariño 100%, que leva o nome do outeiro onde se asentan Bodegas Martín Códax, álzase deste modo como un dos mellores viños monovarietais do certame.

Este albariño 100%, que leva o nome do outeiro onde se asentan Bodegas Martín Códax, álzase deste modo como un dos mellores viños monovarietais do certame.

Premios-monovino_Gran-oro

O noso albariño Burgáns foi distinguido polo xurado dos VII Premios MonoVino 2020 cunha das máis altas puntuacións, alzándose como un dos mellores viños monovarietais do certame.

O concurso, que tivo lugar o pasado 30 de xaneiro, nas instalacións da Escola Española de Cata de Madrid, foi organizado por Alamesa Wine & Beer Action Mercadotecnia, e serviu, tal e como afirman dende a organización, “para pór en valor e galardoar aos mellores viños elaborados cunha única variedade de uva que se atopan hoxe día no mercado”.

Nesta edición 2020 participaron 166 viños, procedentes de máis de 40 rexións produtoras diferentes de España e América, elaborados con máis dunha trintena de varietais distintos. Concederon un total de 3 medallas Gran Ouro, 45 de Ouro e 2 de Prata.

De entre os nosos viños, Martín Códax, Alba Martín e Mara Martín foron premiados ademais co ouro de Monovino 2020.

Premios-monovino_Oro-05 Premios-monovino_Oro-01  Premios-monovino_Oro-06

Catando Burgáns

Burgáns, nome de orixe celta, fai referencia ao outeiro no que está situada a nosa adega, en pleno corazón do Val do Salnés, dende onde se divisan as espectaculares paisaxes da comarca e da Ría de Arousa.

Un albariño cun moderno concepto de elaboración a partir de depósitos de especiais características aromáticas, seguindo un rigoroso proceso no que a fermentación alcólica realízase a baixas temperaturas para potenciar os aromas primarios e obter unha maior melosidade.

De cor amarela palliza con reflexos a limón, ten unha intensidade aromática media-alta e destacan nel as notas cítricas (mandarina), froita de óso e carabuña acompañado dun fondo floral, ademais de notas de fume e especiados.

De entrada en boca fresca, bo equilibrio e con longa persistencia deixa un amplo abano de sensacións. Recomendamos que o probedes con mariscos, peixes, aves, arroz e queixo fresco.

Podes mercalo, premendo aquí!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario