O traballo que realizamos en materia de innovación e investigación desde Bodegas Martín Códax non é un segredo. Desde os inicios da cooperativa, os esforzos encamíñanse a conseguir unha uva da maior calidade para elaborar viños singulares e únicos, que reflictan a potencia da variedade e, todo iso, mantendo o noso compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade.
Pero o traballo de Martín Códax en innovación vese mais ala da viticultura. Tamén está presente no amplo abanico de produtos que elaboramos sempre atendendo e adaptándonos ás novas demandas do mercado, así como tamén aos diferentes perfís dos consumidores, cada vez máis formados e esixentes. Por iso elaboramos viños novos, con crianza, viños complexos, divertidos…
Por todo isto, desde Carrefour tivérono claro: elixiron a Bodegas Martín Códax como empresa máis innovadora de Galicia 2018 premiándonos cun Premio Peme Carrefour!
O director xeral da cooperativa, Juan Vázquez Gancedo, foi o encargado de recoller o galardón nun acto celebrado este martes no Hostal de dos Reis Católicos en Santiago de Compostela. Na entrega de premios estiveron presentes tanto o conselleiro de Medio Rural, José González, así como tamén o director rexional de Carrefour, Jon Redondo.
A través destes galardóns, Carrefourten como obxectivo poñer en valor o traballo de pequenas e medianas empresas agroalimentarias rexionais, así como tamén cooperativas agrarias e gandeiras.
Queres coñecer todos os nosos proxectos de innovación e investigación? Descúbreos aquí.