Temos preparada unha cata moi moi deliciosa para finais de marzo na vinoteca ovetense Vinoteo.
Trátase da Cata de Os Mellores Quesos do Mundo, onde as persoas que asistan probarán 8 tipos de queixos moi especiais e que están entre os mellores do planeta. Dirixida por Pascual Cabaño, queixeiro e co-propietario de Rei Silo, o noso queixo máis famoso e internacional, descubriranse secretos de cada un dos queixos, como os realizan, de onde proveñen, a súa historia e outras moitos aspectos deste produto.
Os nosos viños, que serán tamén protagonistas na cata, acompañarán estes deliciosos queixos. A nosa enóloga Katia Álvarez, presentará os viños elixidos que neste caso son Martín Códax, Martín Códax Lías, Marieta, Cuatro Pasos e Mara Martín
A cata realizásese o martes 25 de marzo ás 20:30 h en Vinoteo (RúaCampoamor 29 de Oviedo) e recoméndase reservar chamando o 984081696 xa que as prazas son limitadas.
Se vos pilla preto, non vola podedes perder. Vémonos en Oviedo!